16112018Vie
Última edición: Vie, 16 Nov 2018 2pm

Camiño a Camiño propón unha ruta polo sendeiro de Beade-Bembrive

O programa municipal ofrece dúas andainas de diferente dificultade para este domingo

05 Noviembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
A andaina terá lugar este domingo. / Foto: Concellería de Medio Ambiente A andaina terá lugar este domingo. / Foto: Concellería de Medio Ambiente

Dentro da serie de sendeiros locais de Vigo, o programa municipal Camiño a Camiño propón para o domingo 11 de novembro o sendeiro de Beade-Bembrive, no que os asistentes poderán comprobar un exemplo de monte multifuncional no que se combinan distintos tipos de plantacións con espazos de lecer e bosque de ribeira ao carón do río Eifonso.

Tamén se terá ocasión de pasar por lugares con encanto como a aldea da Fraga ou o muíño-serraría de Calderón. Se o día acompaña poderanse contemplar fermosas panorámicas.

O percorrido dividirase entre unha ruta longa (9,2 quilómetros), de maior esixencia, e unha ruta curta (7,2 quilómetros), máis soportable. A andaina é circular con saída e chegada na área recreativa de Pouso.

A inscrición é gratuíta e debe tramitarse a través do 010 (986 81 02 60 dende móbil) de luns a mércores para empadroados. A inscrición para non empadroados será o xoves. A hora de convocatoria na Praza do Rei está programada para ás 9:00 horas, para saír as 9:30 horas.

Beade oto 2018

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

salud

celta

espectáculos

economía

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos