22092019Dom
Última edición: Sáb, 21 Sep 2019 9pm

A Xunta nega a redución do caudal do Oitavén porque Eiras está por riba do 60%

O Goberno galego decántase por outras alternativas e volve alertar sobre a “clamorosa necesidade de actuar na potabilizadora municipal”

23 Octubre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
O encoro de Eiras. / Foto: Arquivo O encoro de Eiras. / Foto: Arquivo

A Xunta de Galicia respondeu negativamente á petición do alcalde de Vigo de reducir o caudal ecolóxico que se verte desde Eiras cara o río Verdugo porque entende que a actual situación do encoro, que se atopa por riba do 60% da súa capacidade, non xustifica esta modificación.

O Goberno galego considera ademais que esta medida sería, en todo caso, insuficiente en caso de seca e para garantir o abastecemento a medio e longo prazo na comarca de Vigo.

Fronte a isto, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda lembra a postura do Executivo autonómico favorable a que as actuacións necesarias para garantir o abastecemento a medio e longo prazo en Vigo sexan declaradas obras de interese xeral do Estado.

Esa demanda baséase no feito de que o sistema de abastecemento da área de Vigo necesita solucións “de maior calado” que a que supón a modificación dos caudais ecolóxicos. Esas medidas deben planificarse coa anticipación suficiente e dotarse de garantías de financiamento para evitar que se produza un risco reiterado de desabastecemento no contexto do cambio climático.

Con todo, a Xunta incide na “clamorosa necesidade de actuar na potabilizadora municipal tras evidenciarse durante o episodio de seca do ano pasado que esa instalación é incapaz de tratar a auga para o consumo cando o encoro de Eiras baixa do 40% da capacidade”.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

navidad

navidad 2019

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos