14122018Vie
Última edición: Vie, 14 Dic 2018 10pm

Un percorrido polo monte para comprobar os labores de rexeneración un ano despois da vaga de lumes

Camiño a Camiño organiza para este domingo unha andaina por Saiáns e Coruxo, dúas das parroquias afectadas polos incendios de 2017

09 Octubre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
A andaina celebrarase este domingo. A andaina celebrarase este domingo.

Na segunda semana de outubro, o programa municipal Camiño a Camiño propón novas actividades. Entre elas, un traxecto polos montes de Coruxo e Saiáns.

Este domingo 14 de outubro, terá lugar un percorrido entre os montes de Coruxo e Saiáns, participando na andaina pola rexeneración dos montes de Vigo que lembra o acontecido nos incendios do 15 de outubro de 2017.  Poderase comprobar como pouco a pouco teñen lugar as labouras de rexeneración e en que situación se atopa o monte un ano despois.

A hora convocatoria en Praza do Rei é as 8:00 para saír as 8:30.  Esta actividade é gratuíta e cómpre apuntarse no 010 de luns a mércores e non empadroados o xoves.

Doutra banda, dende o pasado luns 8 de outubro poderase facer a inscrición as actividades familiares que terán lugar en Vigozoo e en Ancares, tanto para o grupo 1 (20 outubro e 10-11 novembro) como para o grupo 2 (27 outubro e 17-18 novembro). Nesta ocasión poderán participar familias con menores ata 12 anos e que teñan autonomía para realizar as actividades propostas. Dada a capacidade existente, estímase 13 familias as participantes en cada quenda.

Durante o programa previsto abórdanse as temáticas da contaminación lumínica e da contaminación con plástico, realizando obradoiros relacionados con esta temática e comprobando nun espazo natural como os Ancares algúns dos temas propostos. 

Tamén está aberto dende este luns o prazo para o Curso básico de hortas urbanas que terá lugar en Vigozoo o xoves 11, a partires das 16:30.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

tráfico

música

ruta

conflicto

celta

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos