18102018Jue
Última edición: Jue, 18 Oct 2018 12pm

Camiño a Camiño inicia esta fin de semana a tempada de outono

As inscricións para as primeiras actividades xa se poden xestionar desde este luns

01 Octubre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Unha das rutas anteriores. / Foto: Camiño a Camiño Unha das rutas anteriores. / Foto: Camiño a Camiño

Camiño a Camiño, o programa de educación medioambiental da Concellería de Medio Ambiente de Vigo, arranca a tempada de outono cunha proposta de percorrido medioambiental pola senda situada a carón do río Ulla en A Estrada. Esta ruta desenvolverase este domingo 7 outubro a partir das 08.00 horas e disporá de 200 prazas. Ademais, o sábado comezarán os cursos de iniciación ao voluntariado e de hortas urbanas.

A inscrición principia xa este luns 1 de outubro a través do 010 (986 81 02 60 dende móbil). No caso da andaina, unha vez feita a inscrición cómpre realizar o pago da achega (7 euros) a través da sede electrónica ou na Concellería de Medio Ambiente (2º andar do Concello).

O trazado previsto vaise realizar ao carón do río Ulla, o terceiro río máis longo de Galicia, e no que se poderán contemplar bosques de ribeira ben conservados, especies fluviais moi raras e ameazadas como o mexillón de río (‘Margaritifera margaritifera’) ou a toupa de río (‘Galemys pyrenaicus’), unha riqueza piscícola destacada, etc.

O percorrido da mañá (12,6 quilómetros de dificultade baixa) subirá polo río ata o miradoiro de Gundián, cunha panorámica excepcional da comarca de Tabeirós e Terra de Montes, á que pertence a Estrada. Despois de comer, quen o desexe, poderá realizar un percorrido de case 4 quilómetros, ata Monte Castro, cun pouco máis de dificultade.

É recomendable levar calzado que suxeite ben os nocellos e levar bastóns para camiñar.

Hortas urbanas e Iniciación ao voluntariado
A Concellería de Medio Ambiente ten programado para o sábado o curso básico de hortas urbanas (10.00-13.00 horas, Vigozoo, 5 euros), que habilita para participar nas hortas-escola do Concello de Vigo. Esta formación terá outra quenda o xoves 11 de outubro, de 16:30 a 19:30 horas.

Ademais, tamén o sábado de 10.00 a 13.00 horas no zoo desenvolverase o curso de iniciación ao voluntariado medioambiental, que é de balde. Para todas as actividades hai que completar a inscrición a través do 010 (986 81 02 60 dende móbil) ata o mércores previo.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

PUBLICIDAD

economía

vigo

  • El Olivo de Vigo, en forma a sus 174 años
    El Olivo de Vigo, en forma a sus 174 años El Olivo de Vigo está en plena forma. Una nueva tomografía encargada por el Concello ha constatado que su estado es “muy bueno” y que casi duplicó su volumen en los últimos cinco años. El árbol más representativo de la…
    Leer más...

sucesos

el tiempo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos