26092018Mié
Última edición: Mié, 26 Sep 2018 9am

“O xeito efectivo de promover o aforro de auga é aplicar o consumo real”

Marea de Vigo critica a “demagoxia” de Caballero coa supresión dos baldeos en Vigo e lanza a súa batería de propostas

12 Septiembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Baldeo na praza de Compostela. Baldeo na praza de Compostela.

O anuncio efectuado este martes polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, ordenando a supresión dos baldeos na cidade tivo resposta este mércores por parte do grupo municipal da Marea de Vigo. A formación criticou a “demagoxia” do rexedor á hora de tratar o tema do abastecemento da auga e lanzou a sua batería de propostas para implantar un consumo responsable.

“É un insulto á veciñanza viguesa que se siga a defender o consumo mínimo como criterio de aplicación de tarifas en vez do consumo real. O xeito efectivo de promover o aforro de auga é aplicar o consumo real”, indicou o concelleiro Xosé Lois Jácome.

Marea de Vigo considera que o “abusivo” recibo da auga en Vigo ten a súa orixe no sistema recollido na concesión da privatización da empresa municipal de augas Emavisa nos anos 90, no que se fixou un consumo cun primeiro tramo de 30 metros cúbicos bimensuais con independencia de se se consume ou non.

“Tendo en conta tamén que nos últimos 12 anos o recibo da auga aumentou un 206%, catro veces o IPC de 12 anos, se os veciños e veciñas de Vigo consumiran o que pagan xurdirían rapidamente problemas de abastecemento en toda a cidade”, advirte Jácome.

Marea de Vigo considera que “antes de empezar a guerra dos transvases dunha conca hidrográfica que non é de Vigo hai que tomar outras medidas máis inmediatas e efectivas” e pon como exemplo as seguintes:

- Tarifa xusta por consumo.

- Revisión da totalidade da rede para detectar lugares onde existen fugas permanentes e centrar as inversións nestes.

- Plan de renovación xeral da rede de abastecemento.

- Empezar xa o estudo de remunicipalización e reapertura de Emavisa para que en 2020 a auga sexa cen por cen pública en Vigo.

- Instauración do bono solidario. Garantir un consumo mínimo gratuíto de auga de tres metros cúbicos e a partir deste progresividade no recibo.

- Anular o baldeo de rúas con auga potable e estudar no laboratorio municipal a posible reutilización da auga depurada que enviamos á ría a través dos emisarios das EDAR de Teis e Coruxo así como un plan de aproveitamento para regadío e baldeo das rúas con auga da chuvia, recollida en tanques de tormenta e depósitos para tales usos.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

PUBLICIDAD

vigo

comarcas

escapada

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos