23082019Vie
Última edición: Jue, 22 Ago 2019 10pm

As Illas Ons xa están masificadas por desvío de visitantes de Cíes

"Está a soportar unha carga de visitantes de ata 4.000 persoas/día, excedendo en grande medida as 1.800 previstas", sinala o colectivo ecoloxista

23 Agosto 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Cara oeste da Illa de Ons, desde o Burato do Inferno. / Foto: VIGOÉ Cara oeste da Illa de Ons, desde o Burato do Inferno. / Foto: VIGOÉ

O desvío de visitantes a Ons para non exceder o límite en Cíes está a facer que se exceda sobradamente a cota de 1.800 persoas/día prevista no borrador do PRUX que leva 15 anos de retardo, podendo ocasionar problemas ambientais e de seguridade. Esta é a denuncia feita pública este xoves polo colectivo ecoloxista Verdegaia.

"A grande demanda de visitas ás illas Cíes está a ocasionar que se desvíen visitantes á illa de Ons para non exceder a cota de 2.200 persoas/día fixados para o arquipélago vigués. Deste xeito, a illa de Ons está a soportar unha carga de visitantes de ata 4.000 persoas/día, excedendo en grande medida as 1.800 previstas no borrador do Plano Reitor de Uso e Xestión (PRUX) que a Xunta de Galicia e a Dirección do Parque Nacional levan xa 15 anos sen aprobar, coas consecuencias nefastas que isto ocasiona para a conservación dos valores naturais e para a seguridade das persoas", explica Verdegaia.

Segundo indica a organización, o control do exceso da cota de visitantes nas illas Cíes ten que contar cunha visión integral que abranga todos os arquipélagos do Parque Nacional e que pase pola aprobación do PRUX, xa que este é o documento que rexe os usos que se poden levar a cabo no espazo protexido. "Calquera outra solución que non contemple a aprobación deste documento é insuficiente", apunta.

"Proba diso é que algunhas das empresas navieiras están a redirixir con destino á illa de Ons os viaxeiros que xa non poden transportar a Cíes debido ás medidas de control da cota de viaxeiros por fin impostas pola Administración este ano. Isto pode parecer algo positivo e sen ningún tipo de problemática asociada, mais, desgraciadamente, non é así", engaden.

Mentres que o transporte de visitantes ás illas Cíes ten un máximo de 2.200 persoas/día establecido pola resolución de 3 de xullo de 2000 da Dirección Xeral de Transportes pertencente á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, ademais de tamén constar no borrador do PRUX, o transporte de visitantes á illa de Ons tan só está esbozado nese borrador en 1.800 persoas/día. Ademais, aseguran que "ó non estar aínda aprobado a día de hoxe ese documento regulador da xestión no Parque Nacional, esa previsión de cota non ten validez legal".

Inicia sesión para enviar comentarios

transporte

navidad 2019

mar

celta

patrimonio de la humanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos