24102018Mié
Última edición: Mar, 23 Oct 2018 7pm

Caballero e a ministra Teresa Ribera abordan "o problema máis importante" de Vigo

O alcalde tratará coa responsable do Ministerio de Transición Ecolóxica o problema de abastecemento de auga a Vigo

06 Agosto 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Abel Caballero, este luns en rolda de prensa. / Foto: vigo.org Abel Caballero, este luns en rolda de prensa. / Foto: vigo.org

Abel Caballero sinalou que o vindeiro 28 de agosto terá unha xuntanza coa ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, para abordar o problema de abastecemento de auga en Vigo. O alcalde sinalou que solicitará de novo o transvase entre os ríos Verdugo e Oitavén.

O alcalde de Vigo manterá o vindeiro 28 de agosto unha reunión coa ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, para solicitarlle que se leve a cabo o transvase de emerxencia entre o río Verdugo e o Oitavén,

"Vou a expor a situación do abastecemento da auga a Vigo, seguramente o problema máis importante que ten esta cidade. É unha obriga e competencia da Xunta, que o señor Feijóo desatendeu", sinalou Abel Caballero durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.

O rexedor explicou que acudirá á ministra de Transición Ecolóxica "tal e como xa fixera coa ministra anterior cando estabamos en plena crise e obtiven como resposta unha desatención total".

"Hai un ano solicitei o transvase de emerxencia do río Verdugo ao Oitavén e estes días de tanto calor volvemos a lembrar que o abastecemento da presa de Eiras é insuficiente para Vigo e outros nove concellos", sinalou.

Caballero advertiu de que "nada garante que teñamos outro anos sen choiva e pódese reproducir o problema, nada garante que non volva a pasar".

Ata a semana pasada había unha ocupación do 95% en Eiras e do 88% en Zamáns. "É un bo nivel, pero revisaremos os datos de hoxe e a partir de aí decidiremos", sinalou o alcalde.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

economía

economía

sucesos

mar

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos