23092018Dom
Última edición: Sáb, 22 Sep 2018 10pm

Estudantes da Uvigo activan unha plataforma para coidado e adopción de mascotas

Aliadogs xa conta con usuarios en Galicia e Asturias e aspira a ser un referente en servizos caninos

06 Julio 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Integrantes de Aliadogs. / Foto: Duvi Integrantes de Aliadogs. / Foto: Duvi

Proceden de campus diferentes (Vigo e Pontevedra) e de campos do coñecemento diversos (Enxeñaría de Telecomunicación, Publicidade e RRPP, Comunicación Audiovisual…) e puxeron os seus coñecementos ao servizo dunha idea innovadora común: unha plataforma dixital de carácter colaborativo para o coidado e adopción de mascotas que xa ten usuarios en Galicia e Asturias.

O nome desta proposta de empredemento é Aliadogs e tras ela están Diego Alonso, Rabi Ouallam e Cora Diz, os dous primeiros egresados da EE de Telecomunicación e a terceira estudante da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Explican que aspiran a ser “un referente nacional en servizos caninos”, unha nova alternativa “económica, sinxela e próxima para deixar as mascotas en boas mans”. Ademais, colaboran directamente con protectoras de animais para fomentar a adopción a través dunha ferramenta de xestión totalmente automatizada.

A idea de poñer en marchar Aliadogs xurdiu ao detectaren estes estudantes unha serie de necesidades non cubertas na tenencia e coidado de mascotas. Explican que os donos non sempre teñen “o tempo necesario para coidar das mascotas por traballo ou por outros motivos e os períodos de vacacións adoitan ser un problema”. Tanto é así, lembra Cora Diz, “que as épocas estivais coinciden coas maiores taxas de abandono animal”. Para solucionar este problema, Aliadogs ofrece servizos de gardería, aloxamento e paseo a través dunha plataforma online colaborativa “onde amantes dos animais se ofrecen para realizar estas tarefas”.

Aliadogs conta xa con 200 persoas coidadoras rexistradas en Asturias e Galicia, comunidades que seleccionaron para comezar as primeiras probas. Diz explica que para formar parte desta plataforma existen dúas alternativas, por unha banda, unha persoa pode inscribirse como ‘paseador’ ou coidador de cans para ofrecer os seus servizos establecendo as condicións que considera oportunas e, por outra banda, pode facelo como usuario con mascota para solicitar estes coidados.

“Crearse unha conta é de balde e, aínda que Aliadogs media e pon en contacto propietarios con coidadores, polo de agora non cobramos gastos de xestión”, apunta. “O que pretendemos é crear unha comunidade para amantes dos cans” e para iso continúan traballando para desenvolver novas funcións e ferramentas, “algunhas delas baseadas en intelixencia artificial e machine learning”. Por exemplo, estanse a centrar noutro dos problemas que segundo remarcan, máis preocupan aos propietarios, como é a perda das mascotas, para o que van desenvolver unha ferramenta baseada en técnicas de IA e bigdata que permita identificar a un can perdido.

Outra das vías de traballo é a que manteñen coas protectoras, “sobrepasadas en capacidade e esforzo continuamente”, sofren tamén a falta de implicación por parte das administracións. Colaboran con este tipo de entidades para desenvolver unha ferramenta de xestión totalmente automatizada que fomente a adopción”, explican.

Comezos difíciles pero gratificantes
A empresa botou a andar en 2017 da man de Diego Alonso, Máster en Técnicas Estatísticas e Investigación Operativa e Rabi Ouallam, graduado en Enxeñaría en Tecnoloxías de Telecomunicación e máster en Técnicas Estatísticas e Investigación Operativa. Un ano máis tarde incorporouse a este proxecto Cora Diz, graduada en Publicidade e Relacións Públicas que actualmente está rematando Comunicación Audiovisual, para desenvolver os labores de deseño gráfico, comunicación e márketing.

Coa axuda da FUVI presentaron a súa candidatura á convocatoria de axudas para IEBT (iniciativa de emprego de base tecnolóxica) da Xunta de Galicia, para o que tiveron que pasar polo filtro dun comité de expertos que avaliaron a viabilidade técnica e financeira do proxecto.

Recoñecen que os comezos dun proxecto innovador coma este son difíciles pero “poder construír o teu propio emprego é algo moi gratificante, aínda que o proceso é unha montaña rusa de emocións e, ás veces chega incluso a dar vertixe, sen dúbida algunha é unha experiencia incrible”. Coa vista ao futuro a curto prazo, o seu obxectivo é “é consolidar estas dúas comunidades para dar o salto a nivel nacional co 'know-how' adquirido nestes meses”.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

celta

in memoriam

  • Hasta pronto, Juan Costa
    Hasta pronto, Juan Costa Los Bancos de Alimentos de la Federación Española (Fesbal), llevamos en nuestros estatutos los principios de ser aconfesionales y apolíticos. Sin embargo, los voluntarios que los componemos, al margen de ser libres para elegir personalmente cualquier opción político/religiosa, somos seres…
    Leer más...

polémica

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos