23062018Sáb
Última edición: Sáb, 23 Jun 2018 10am

Aberta a inscrición para participar no voluntariado ambiental nas Illas Cíes

As tarefas a acometer serán a erradicación de especies invasoras, limpeza de espazos públicos e colaboración con proxectos de conservación e investigación

07 Junio 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Illas Cíes. / Foto: Concello de Vigo Illas Cíes. / Foto: Concello de Vigo

O Concello de Vigo ten aberta a preinscrición para os interesados en participar no voluntariado ambiental nas Illas Cíes durante este verán, desde o mes de xullo ata o 9 de setembro.

Anunciouno o alcalde este xoves en rolda de prensa, e apuntou que o prazo está aberto ata o 14 de xuño, cos formularios e información dispoñibles tanto na web do programa municipal Camiño a Camiño como no propio Concello de Vigo. Haberá quendas de cinco días e tamén de fin de semana.

Aqueles que tomen parte nesta acción municipal, explicou Caballero, levarán adiante no arquipélago vigués tarefas como a erradicación de especies invasoras, a limpeza dos espazos públicos e a colaboración con proxectos de conservación e investigación.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

arte urbano

música

viaxes

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos