25052018Vie
Última edición: Vie, 25 May 2018 5pm

A Xunta pecha o acordo sobre os horarios da tempada de verán para viaxar ás Cíes

Os atraques serán un total de 43 para este período estival, que comezará o vindeiro 24 de xuño e se prolongará ata setembro e os fins de semana e festivos de outubro

15 Mayo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Un barco dunha das navieiras que prestan o servizo a Cíes. / Foto: Mar de Ons Un barco dunha das navieiras que prestan o servizo a Cíes. / Foto: Mar de Ons

A Consellería de Medio Ambiente pechou este martes por acordo unánime os horarios que se establecerán para a vindeira tempada estival para viaxar por transporte marítimo regular ás illas Cíes. A Xunta coordinou as negociacións levadas a cabo en diversas reunións coas sete navieiras que na actualidade prestan dito servizo de transporte marítimo regular, co fin de que o reparto de frecuencias se fixera dunha forma consensuada e que se axustase aos intereses de todos os operadores.

Un dos criterios que seguiu a administración autonómica para a distribución dos horarios de atraque foi o número de barcos por navieira que van a realizar o transporte regular este verán, asignando un máximo de catro horarios por cada barco de cada unha das compañías.

Así, os atraques en Cíes serán un total de 43 para a totalidade do período de transporte regular de viaxeiros, que se iniciará o vindeiro 24 de xuño e se prolongará ata setembro e os fins de semana e festivos de outubro.

Cómpre recordar que foi necesario reducir as frecuencias horarias na tempada 2018 por razóns de seguridade, tal e como se recomenda nun informe de principios de marzo emitido por Capitanía Marítima. Neste documento, indícase que o intervalo de tempo necesario entre as saídas dos barcos non debe ser inferior a 20 minutos por razóns de seguridade.

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural, a través do Parque Nacional Marítimo Terrestre Illas Atlánticas, vén de trasladar dito acordo á totalidade de navieiras, ao tempo que lles lembrou que este acordo na distribución dos horarios non inflúe no número de visitantes que poden acceder ás illas.

Asemade, tamén se lle trasladará á Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) esta distribución de horarios coa fin de activar a aplicación de reservas. Este ano é obrigatorio que cada visitante conte coa autorización emitida pola Xunta de Galicia, que é persoal e intransferible, dotada de códigos de control QR, número de autorización e identificación do visitante. Dita autorización pode ser descargada a través da web http:autorizacionillasatlanticas.xunta.gal.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

explosión en tui

explosión en tui

  • La hecatombe en Tui, desde cielo y tierra
    La hecatombe en Tui, desde cielo y tierra "Devastación total", "bomba atómica", "una guerra nuclear". Estos son las descripciones que hacen los vecinos del barrio tudense de A Torre, en la parroquia de Paramos, del estado en el que quedó la zona tras la grave explosión de un…
    Leer más...

explosión en tui

explosión en tui

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos