26062019Mié
Última edición: Mié, 26 Jun 2019 2pm

O novo sistema de acceso a Cíes entra en vigor sen incidencias

A Xunta xa emitiu un total de 1.800 autorizacións tras o cambio de método

23 Marzo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Díaz, nun dos postos de atención aos usuarios. / Foto: Xunta de Galicia Díaz, nun dos postos de atención aos usuarios. / Foto: Xunta de Galicia

A entrada en vigor do novo modelo de acceso deseñado para regular as visitas a Cíes desenvolveuse con normalidade este venres, día no que se produciu o embarque dos primeiros visitantes a esta illa do Parque Nacional Marítimo Terrestre Illas Atlánticas. A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, salientou a “madurez e responsabilidade” dos viaxeiros ao asumir con “naturalidade e sen reparos” o novo mecanismo.

Así o puxo de manifesto durante a supervisión dos embarques, que se completaron sen incidencias tras os cambios implantados, cuxa principal novidade consiste na obriga por parte dos viaxeiros de obter unha autorización previa de acceso, de carácter persoal, intransferible e gratuíta, a través da páxina web autorizacionillasatlanticas.xunta.gal, habilitada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Xa se teñen emitido máis de 1.800 autorizacións.

Con este método, os visitantes deberán obter primeiro un permiso administrativo para visitar a illa e posteriormente comprar o seu billete a unha das tres empresas de transporte marítimo autorizadas para realizar este servizo durante o período de Semana Santa (Mar de Ons, Nabia e Rías Gallegas). Unha vez obtida a autorización preceptiva, o visitante poderá descargala no seu dispositivo móbil -ou ben imprimila- para a súa posterior comprobación en porto por parte do persoal do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas.

Para evitar situacións como as detectadas en agosto de 2017 tamén se establece un mecanismo de lectura e control dos códigos QR que levan inseridos todas as autorizacións e que estará enlazado coa web en tempo real. Isto permitirá ao persoal do parque despregado tanto nos portos de Vigo, Baiona e Cangas como no de Rodas, en Cíes, comprobar a validez das autorizacións dos pasaxeiros.

Co obxectivo de reducir ou evitar calquera incidente ou confusión, a Xunta instalou nos peiraos de Vigo, Baiona e Cangas varios expositores con folletos informativos atendidos por persoal do Parque Nacional, que lles explicarán aos usuarios interesados en visitar Cíes as novidades no sistema de acceso.

Plan Reitor do Parque Nacional Marítimo Terrestre
Ademais, a directora xeral de Patrimonio Natural tamén avanzou que o Diario Oficial de Galicia publica este venres o anuncio polo que se inicia o proceso de información pública do Plan Reitor de Usos e Xestión do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

“Un documento que será a folla de ruta, cunha vixencia de dez anos, na que se detallarán os obxectivos e os criterios de xestión do parque nacional, establecendo a normativa de protección e a regulación de aproveitamentos, entre outras cuestións”, aclarou.

Díaz lembrou que -tal e como se establecía no documento de inicio- unha das principais novidades do futuro PRUX é que se establecen cotas máximas de visitante por día, tanto para a tempada alta como para a baixa. Hai que lembrar que estas existían xa, excepto en Ons, onde agora si se establece en 1.800 persoas.

A finalidade é compatibilizar o uso público e as actividades recreativas e deportivas cos obxectivos de conservación do Parque Nacional, ordenar e facilitar o gozo do visitante baseado nos valores do Parque, de modo que se compatibilice coa súa conservación.

O trámite de información pública prolongarase por un período de dous meses, nos que se poderán presentar alegacións ao documento. A previsión do Goberno galego é levalo ao Consello da Xunta para a súa aprobación como Decreto no último trimestre do ano.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

turismo

vigo

visita

el tiempo

  • ¿Y cuándo llegará el verano a Vigo?
    ¿Y cuándo llegará el verano a Vigo? Vigo, al igual que la inmensa mayoría de Galicia, celebra quedarse fuera de la ola de calor que azotará a partir de este miércoles la Península Ibérica gracias a una barrera de aire frío atlántico que servirá de parapeto. Pero…
    Leer más...

comarcas

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos