10122019Mar
Última edición: Lun, 09 Dic 2019 8pm

O novo sistema para viaxar a Cíes emitiu 1.500 autorizacións nunha semana

A Xunta e o sector turístico difundirán entre os usuarios o cambio de protocolo para reservar billetes

21 Marzo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Reunión entre a Xunta e o sector turístico. / Foto: Consellería de Medio Ambiente Reunión entre a Xunta e o sector turístico. / Foto: Consellería de Medio Ambiente

A directora de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, e a de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentaron este mércores ás axencias de viaxes e operadores turísticos o novo sistema de autorizacións para o acceso ás Illas Cíes co fin de darlle a maior difusión posible entre os visitantes interesados en viaxar ao Parque Nacional durante esta Semana Santa.

A principal novidade consiste na obriga por parte dos viaxeiros de obter unha autorización previa de acceso, de carácter persoal e intransferible, a través da internet. O sistema, que leva unha semana operativo e a través do cal xa se emitiron 1.500 autorizacións sen que se rexistraran incidencias, é moi similar ao implantado con éxito dende o ano 2015 para acceder á Praia das Catedrais.

Durante a reunión, as axencias mostraron o seu interese en coñecer a fondo todas as novidades para poder ofrecer esta información aos turistas que acudan a eles coa intención de visitar o Parque Nacional durante a vindeira Semana Santa, coincidindo coa primeira fase de implantación do sistema.

Neste senso, un representante da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) resolveu as dúbidas técnicas do sector sobre a nova web e lembrou que co cambio no sistema os visitantes deberán obter primeiro un permiso administrativo para visitar a illa para posteriormente comprar o seu billete a unha das tres empresas de transporte marítimo autorizadas para realizar este servizo durante o período de Semana Santa (Mar de Ons, Nabia e Rías Gallegas).

Unha vez obtida a autorización preceptiva, o visitante poderá descargala no seu dispositivo móbil ou ben imprimila para a súa posterior comprobación en porto por parte do persoal do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas.

De feito, paralelamente tamén entrará en funcionamento un mecanismo de lectura e control dos códigos QR que levan inseridos todas as autorizacións e que estará enlazado coa web en tempo real. Isto permitirá ao persoal do parque despregado nos portos de Vigo, Baiona, Cangas e Rodas comprobar a validez das autorizacións dos pasaxeiros.

As empresas de transporte, pola súa banda, empregarán un sistema similar ao de anos anteriores para comprobar a dispoñibilidade do tope diario para visitar as Cíes antes de proceder a emitir os billetes.

Evitar sobrevenda
Desde o pasado luns 19 de marzo a Dirección Xeral de Patrimonio Natural ten instalados nos portos de Vigo, Baiona e Cangas varios expositores con folletos informativos atendidos por persoal do Parque Nacional, que lle explican aos usuarios interesados en visitar Cíes as novidades no sistema de acceso.

Os cambios introducidos pola Consellería de Medio Ambiente para poder visitar as Illas Atlánticas pretenden evitar a posible sobre venda de billetes por parte das empresas de transporte que ofrecen este servizo. Con este obxectivo, durante a vindeira Semana Santa porase en marcha a primeira fase de implantación do novo modelo de autorizacións para acceder ás Cíes.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

tráfico

espectáculos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos