23082019Vie
Última edición: Jue, 22 Ago 2019 10pm

medio ambiente

Proxecto pioneiro para recuperar os fondos mariños das Illas Atlánticas

Máis dunha vintena de expertos e pescadores de toda Galicia participan en dúas mesas de traballo para deseñar un plan de acción e habilitar unha rede de atención temperá para detectar aparellos de pesca e lixo mariño no arquipélago

18 Febrero 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Vista aérea de la playa de Nosa Señora. / Foto: Fernández Bouzas Vista aérea de la playa de Nosa Señora. / Foto: Fernández Bouzas

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio está a impulsar un proxecto pioneiro co obxectivo de poñer en marcha unha rede para a recuperación dos ecosistemas mariños no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Como primeiro paso, esta semana constituíronse dúas mesas de traballo nas que 23 expertos de organismos relacionados co medio mariño, especialistas das tres universidades e pescadores e mariscadores analizaron o problema do lixo mariño neste espazo natural.

A iniciativa, que conta co Colexio Oficial de Biólogos de Galicia e o propio Parque Nacional como promotores, dispón dun orzamento de 55.896,51 euros e enmárcase no chamado Programa Pleamar, unha iniciativa do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP). O proxecto desenvolverase ao longo de todo o ano 2018 e incluirá distintas tipoloxías de accións co fin de recuperar a biodiversidade e os ecosistemas mariños do parque desde a sustentabilidade.

Na primeira fase, que arrancou o xoves coa celebración da primeira das mesas de traballo na sede do parque en Vigo e continuou cunha segunda sesión o venres na Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño, porase en marcha unha rede de traballo multidisciplinar que se encargará de sentar as bases dun futuro plan de acción e duns protocolos para recoller e caracterizar os residuos mariños dos fondos.

Outra das funcións desta rede de traballo multidisciplinar será a creación dun sistema de alerta temperá para rexistrar a perda ou a localización de artes de pesca e lixo nos fondos do parque. Neste sentido, o que se persegue é que os pescadores e mergulladores que realicen inmersións no entorno deste espazo natural transmitan datos de localización sobre o lixo que atopen ou as artes de pesca perdidas, de xeito que eses datos non se perdan e poidan empregarse en futuras labores de limpeza.

Entre as entidades participantes figuran o Instituto Español de Oceanografía, o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño, o Centro Tecnolóxico do Mar, a Asociación Española de Basuras Mariñas, os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro e as confrarías integradas nos mesmos, a Federación Galega de Actividades Subacuáticas, entidades do terceiro sector, concellos, voluntarios e as tres universidades galegas.

O proxecto tamén prevé accións directas de mellora dos ecosistemas, para o que se organizarán ao longo do ano limpezas de fondos e areais para protexer e recuperar a biodiversidade do parque nacional aplicando o protocolo de recollida do lixo que defina previamente a rede de traballo.

Así mesmo, deseñaranse tamén accións de comunicación e divulgación a través de xornadas informativas para dar a coñecer ao público en xeral e ao sector pesqueiro e marisqueiro unha serie de boas prácticas en materia de conservación do medio mariño, a rede de alerta temperá e os propios resultados do proxecto.

O obxectivo de todas estas accións é preservar a riqueza de hábitats e especies do Parque Nacional das Illas Atlánticas tendo en conta que o aproveitamento destes recursos desde un punto de vista socioeconómico pode levar aparelladas alteracións dentro do ecosistema debido aos residuos presentes nos fondos e nas praias. Por esta razón e para minimizar e previr unha posible perda de biodiversidade, a Xunta participa e promove este proxecto empezando concretamente por un dos enclaves do parque: o arquipélago de Sálvora.

Inicia sesión para enviar comentarios

transporte

navidad 2019

mar

celta

patrimonio de la humanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos