13122017Mié
Última edición: Mié, 13 Dic 2017 1pm

 

seca

Ampliada a alerta pola seca a toda Galicia

Augas de Galicia resolveu este luns a redución do caudal ecolóxico, tras o informe do Concello de Vigo sobre a situación da potabilizadora municipal, que non ten capacidade de potabilizar por debaixo dun nivel do encoro

04 Diciembre 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Imaxe da presa de Eiras, en Fornelos de Montes, o pasado mes de outubro. / Foto: J.A. Pazo Imaxe da presa de Eiras, en Fornelos de Montes, o pasado mes de outubro. / Foto: J.A. Pazo

A Oficina Técnica da Seca propuxo esta mañá ampliar a declaración de alerta por seca a toda a Demarcación Hidrográfica Galicia- Costa. Así o avanzou este luns o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, quen indicou que esta decisión se trasladará ao Comité Permanente do Consello Reitor de Augas de Galicia e que afecta aos 19 sistemas que integran a Conca Hidrográfica Galicia- Costa.

Rodríguez Martínez sinalou que esta decisión adóptase despois de analizar os indicadores dos caudais dos ríos que no momento actual, e despois de dous meses do inicio do novo ciclo hidrolóxico levan un 80% menos do caudal medio esperado para esta época do ano, e pola situación meteorolóxica que se espera para o mes de decembro, xa que as chuvias que se agardan para as xornadas do 10 de decembro non serán determinantes para recuperar a situación de normalidade.

O director de Augas aclarou que nos vindeiros días se convocarán a diferentes reunións aos concellos de cada sistema, para avanzar na concreción de medidas que se poden adoptar, ou que xa se están facer, para intentar aumentar a dispoñibilidade dos recursos existentes. Tamén se determinou solicitar a todas as aglomeracións de máis de 20.000 habitantes información sobre os seu plans de emerxencia para a situación de seca, que ten que estar avaliado Auga de Galicia, co fin de “ir por diante da situación actual e tomar medidas que poden se pouco habituais pero son necesarias”.

Redución do caudal
O director de Augas de Galicia trasladou que esta mañá o departamento que dirixe optou por autorizar a redución do caudal ecolóxico do río Oitavén á saída do embalse de Eiras ao 25%, ao máximo que permite a lei; por darse unha situación de gravidade extrema no Concello de Vigo.

Roberto Rodríguez recordou que o pasado venres o Concello de Vigo informou por escrito que só ten unha garantía de 25 días para dispoñer de auga potabilizada en condicións óptimas para o consumo; ademais da súa imposibilidade de tomar máis medidas previas á restrición de auga á poboación.

Aclarou que esta decisión non obedece a un cambio de criterio por parte do Goberno galego, administración que sempre defendeu que o criterio de usos que establece a normativa, no que o abastecemento á poboación está por enriba de todos; senón á necesidade de dar unha solución ao déficit de funcionamento que presenta a ETAP do Casal, de titularidade municipal, para potabilizar a agua aínda que o embalse estea o 38%.

O director de Augas de Galicia precisou que agora mesmo hai un risco de abastecemento á poboación que non vén dedo pola cantidade de auga do encoro, senón que deriva da incapacidade de Vigo que a través da súa potabilizadora non pode tratar esa auga.

Esta situación esixe que se adopte a medida máis grave e extrema que se pode adoptar para un río , como é o feito de reducir a un 25% o seu caudal, é dicir, o uso ambiental cede ao abastecemento por unha cuestión moi clara: a ausencia de garantía por parte do concello de poder subministrar auga apta para o consumo a súa poboación. Lamentou que “a día de hoxe ao rescate de garantía de abastecemento de Vigo foron a Xunta e o río Oitavén”.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

infraestructuras

borrasca "ana"

sequía

sanidade

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos