24062019Lun
Última edición: Lun, 24 Jun 2019 1pm

As Illas Cíes recibiron este verán a máis de 216.000 visitantes

No que vai de ano máis de 427.000 persoas pasaron por algún dos catro arquipélagos que conforman o parque

01 Noviembre 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Rande e as Cíes, dende Cesantes. / Foto: Selika Rande e as Cíes, dende Cesantes. / Foto: Selika

O Parque Nacional Marítimo Terrestre Illas Atlánticas de Galicia recibiu nos meses de verán (xullo, agosto e setembro) a máis de 327.000 visitantes (327.149), o que se traduce nun incremento dun 2,4% con case 8.000 visitantes máis que nos mesmos meses de 2016, según informou a Xunta.

O Parque Nacional, formado polas illas de Ons, Cíes, Sálvora e Cortegada, que suman unha extensión de case 1.200 hectáreas terrestres e case 7.300 de superficie marítima foron visitados no mesmo periodo do ano pasado por un total de 319.296 persoas

Por arquipélagos, un ano máis as Illas Cíes foron as máis visitadas, dado que nos tres de verán rexistraron unha ocupación total de 216.975 persoas, unha cifra similar á de 2016, cando se contabilizaron 213.690 visitantes, o que representa un incremento de 1,5%.

O aumento de visitantes deste verán ao Parque Nacional débese en boa medida ao incremento experimentado en Ons, que rexistrou un aumento de máis de 6.000 visitantes, xa que entre xullo e setembro 88.306 persoas desembarcaron en Ons, fronte aos 82.104 rexistrados en 2016.

Pola súa banda, as illas de Sálvora e Cortegada a pesar de rexistrar cifras similares ás de 2016, experimentaron un descenso no número de visitantes; leve, no caso de Sálvora, cun total de 7.261 persoas (14 menos que no pasado ano), e dun 7,5% no caso de Cortegada, con menos de 6.500 persoas, fonte aos 7.433 rexistrados entre xullo e setembro de 2016.

Máis de 400.000 visitas
Tendo en conta a afluencia no que vai de ano, as illas do Parque Nacional xa superaron a barreira dos 400.000 visitantes, así como a cifra rexistrada no global de 2016 (400.465), xa que a data de 30 de setembro de 2017 un total de 427.610 persoas visitaron algunha das catro illas do Parque, un 6,7% máis.

Á espera de pechar os datos anuais, a cifra actual de visitantes de Cíes e Ons é similar á rexistrada en 2016, con menos de 300.000 no caso de Cíes e menos de 100.000 en Ons; mentres que Sálvora rexistrou un incremento do 28% ao contabilizarse 13.980 visitas nos nove primeiros meses de 2017, fronte aos 10.914 en todo o ano 2016 e Cortegada sitúase nos 10.073 no que vai de ano.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

sos desaparecidos

conciertos

exposición

televisión

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos