07122019Sáb
Última edición: Vie, 06 Dic 2019 10pm

Ábrese o prazo de inscrición para participar na ruta gratuíta ás Cíes e Vilaboa

Un total de 300 persoas participarán nesta actividade de balde que organiza a Deputación de Pontevedra o domingo 10 de setembro

28 Agosto 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
As islas de Faro e San Martiño, dende o Alto do Príncipe. / Foto: Arquivo As islas de Faro e San Martiño, dende o Alto do Príncipe. / Foto: Arquivo

Este luns abriuse o prazo de inscrición para todas as persoas interesadas en asistir gratuitamente á vindeira ruta das ‘Depo Andainas’, que terá lugar o domingo 10 de setembro. Esta terceira actividade do programa da Deputación de Pontevedra servirá para coñecer as Salinas do Ulló de Vilaboa e as Illas Cíes.

Nela poderán participar un total de 300 persoas que deben inscribirse ata o vindeiro 4 de setembro a través do formulario de inscrición que atoparán na páxina web da Deputación de Pontevedra -www.depo.es- e entregalo nos rexistros da Deputación, en Pontevedra e Vigo, ou nas oficinas do ORAL da provincia.

A actividade comezará ás 09.00 horas con Vilaboa coma punto de partida. Desta maneira, a terceira parada destas ‘Depo Andainas’ iniciarase cunha ruta polas Salinas do Ulló. Posteriormente, tras visitar o Miradoiro de Aves, un bus recollerá aos participantes para levalos ao porto de Cangas, dende onde sairán cara ás Illas Cíes.

Xa na illa principal haberá un xantar nos merendoiros entre as praias de Rodas e Figueiras e despois dun pequeno descanso comezará a subida ao Alto do Príncipe (Monte Agudo), unha das rutas máis simbólicas e que permite gozar das mellores panorámicas desde un Parque Nacional único en España. Ao remate, haberá a opción de seguir en ruta ata o Faro de Portas, na parte sur da illa pasando pola Lagoa dos Nenos, ou de quedar na marabillosa praia de Rodas.

Durante a actividade, que durará aproximadamente ata as 20.00 horas, impartirase un obradoiro ornitolóxico sobre as aves do ecosistema das Illas Atlánticas no que se incluirán técnicas para a observación e claves para a identificación de aves, tanto en voo como en terra. Ademais, os participantes poderán recibir un obradoiro de introdución en técnicas de fotografía de aves en voo, medio mariño e terrestre.

O programa
Posteriormente a esta ruta das Illas Cíes desenvolveranse outras dúas andainas nos meses de setembro e outubro, a primeira en Tui, co Camiño de Santiago, e, en último lugar, en Soutomaior.

O programa ‘Depo Andainas’, que vive este ano a súa segunda edición tralo cheo absoluto do ano pasado, cando se esgotaron as prazas, ten por obxectivo impulsar hábitos saudables, promover o turismo deportivo e de territorio, as actividades ao aire libre e poñer en valor a riqueza medioambiental, etnográfica, cultural e patrimonial da provincia de Pontevedra.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos