17082017Jue
Última edición: Jue, 17 Ago 2017 6am

A Xunta reúnese con institucións, entidades e colectivos de Vigo pola candidatura a Patrimonio

O conselleiro de Cultura e Educación destacou na cidade olívica que “Vigo e Galicia desexan o mesmo, que as Illas Cíes acaben sendo Patrimonio da Humanidade, polo que cómpre ter sempre a man tendida ao Concello”

15 Junio 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Reunión en Vigo. / Foto: Xunta Reunión en Vigo. / Foto: Xunta

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presidiu na tarde deste xoves, na sede viguesa do Parque Nacional Illas Atlánticas, unha xornada de traballo de carácter informativo con diversas institucións, entidades e colectivos da sociedade olívica para informarlles dos trámites efectuados e dos avances alcanzados ata o momento, en relación coa promoción da candidatura integradora Illas Cíes-Parque Nacional das Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade.

No encontro explicáronselles todos os aspectos técnicos polos cales a candidatura integradora ofrece máis garantías para acadar a inclusión final na lista de Patrimonio Mundial.

Neste sentido, o titular de cultura lembrou o feito de que en España os tres bens patrimonio mundial na categoría natural son, a súa vez, Parques Nacionais, que no caso de Garajonay ocupa seis concellos e no caso de Doñana e do Teide 14 concellos. Isto asegura a harmonización da lista e tamén os criterios de xestión. A modo de exemplo, explicouse que no caso do Parque Nacional do Teide, aínda que o volcán homónimo é o elemento icónico, incluíuse a totalidade do parque co Pico Vello, a Caldeira das Cañadas, a Fortaleza, os Roques de García, os rifs etc.

O conselleiro concluíu que “Vigo e Galicia desexan o mesmo, que as Illas Cíes acaben sendo Patrimonio da Humanidade, polo que cómpre ter sempre a man tendida ao concello de Vigo” para procurar o mellor para Vigo e para o conxunto de Galicia, porque “lograr a inscrición na lista do Patrimonio Mundial –afirmou o titular de Cultura– será bo para todos e o camiño da candidatura conxunta é, sen dúbida, o mellor”. Finalmente, houbo unha produtiva posta en común de achegas relativas á candidatura cos distintos responsables institucionais presentes.

Na xornada participaron representantes de institucións e administracións como a Universidade de Vigo, a Confederación de Empresarios de Pontevedra, a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación, a Subdelegación do Goberno, o Consorcio da Zona Franca, a Autoridade Portuaria de Vigo, ARVI-Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo, Conxemar, Anfaco-Cecopesca, o Instituto de Investigacións Mariñas, o Centro Oceanográfico de Vigo, o Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar e a Comandancia de Mariña de Vigo. Dos tres grupos municipais convidados ao acto, só asistiron representantes do Partido Popular de Vigo. Marea de Vigo escusou a súa asistencia, e o PSdeG-PSOE nin asistiu ao acto nin desculpou.

Candidatura integradora e de consenso
A Xunta de Galicia salienta que "está a procurar un acordo dialogado arredor dunha candidatura integradora e de consenso, que recoñecendo o valor singular das Cíes, plantexe o conxunto do Parque Nacional como un todo. Precisamente, unha das grandes fortalezas desta candidatura son os traballos feitos e a existencia dunha unidade de xestión como é o Parque Nacional que xa actúa na salvagarda dos valores deste ben natural".

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

entroido de verán

bágoas de san lourenzo

tráfico de drogas

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos