26092017Mar
Última edición: Lun, 25 Sep 2017 7pm

VigoExplora promove o coñecemento do monte entre os máis pequenos

Un total de mil nenos e nenas de entre 3 e 12 anos coñecerán o monte guiados por expertos e dunha forma lúdica

08 Mayo 2017 por
Valora este artículo
(2 votos)
A concelleira de Medioambiente presentou este luns a actividade no Monte Vixiador. / Foto: vigo.org A concelleira de Medioambiente presentou este luns a actividade no Monte Vixiador. / Foto: vigo.org

A concelleira de Medioambiente presentou este luns a actividade no Monte Vixiador. Co VigoExplora, un total de mil nenos e nenas de entre 3 e 12 anos coñecerán o monte guiados por expertos e dunha forma lúdica. Chus Lago salientou a alta demanda coa que se recibiu esta proposta, da que participan unha ducia de colexios.

concelleira de Medioambiente, Chus Lago, presentou este luns o VigoExplora, unha novidosa actividade coa que o Concello procura que un total de mil escolares de entre 3 e 12 anos coñezan o monte dunha forma lúdica.

Lago recordou que o goberno de Vigo conta con moitos programas de educación ambiental, como o Camiño a Camiño, accións de voluntariado, cursos ou marcaxe de sendeiros, e o VigoExplora é "un paso máis", sendo "a primeira vez" que os nenos e nenas saen da escola ao monte, guiados por biólogos, co obxectivo de espertar a curiosidade dos máis pequenos polo entorno natural.

Cen nenos e nenas de entre tres e seis anos comezaron esta mañá coa proposta no Vixiador, explicou a edil. Practicamente cada día este monte acollerá a grupos de cen nenos de Infantil e Primaria para aprender sobre arborado, sobre a importancia dos castiñeiros no medio, dos animais que habitan o monte e como coñecelos, etcétera.

"O lecer non é incompatible coa aprendizaxe", expuxo Chus Lago, polo que no monte os escolares tamén terán actividades educativas con carácter lúdico. Por exemplo, e baixo a supervisión dos profesionais, os nenos e nenas poden pasar dunha árbore a outra a través de cordas.

A concelleira salientou que o VigoExplora tivo "moita demanda" entre os centros educativos, pois participan desta primeira experiencia unha ducia de colexios cun total de mil escolares. "Posiblemente sexa unha actividade a conservar e a ampliar incluso" no futuro, concluíu.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

viajes

movilidad

viajes

incendio

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos