24042017Lun
Última edición: Dom, 23 Abr 2017 10pm

Catro grandes planisferios para admirar o ceo dende as Illas Atlánticas

Medio Ambiente vén de colocar catro cartas estelares nas illas do parque nacional para facilitar e promover a contemplación e interpretación do ceo nocturno

13 Abril 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Cartas estelar no Alto da Campá en Cíes.  / Foto: Xunta Cartas estelar no Alto da Campá en Cíes. / Foto: Xunta

A Xunta de Galicia segue impulsando lo turismo astronómico no Parque Nacional das Illas Atlánticas mediante a instalación de grandes planisferios estelares que facilitarán aos visitantes a observación e interpretación do ceo nocturno.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio colocou de forma estratéxica catro cartas estelares en cada unha das illas que conforman o Parque Nacional co obxectivo de seguir promovendo a contemplación das estrelas dende un espazo acreditado pola Unesco como destino Starlight. A calidade do seu ceo e o alto grao de conservación e protección do entorno fixeron ao parque merecedor deste distintivo.

foto plansisferio salvoraCoa declaración do Parque Nacional como destino turístico Starlight, o Goberno galego vén impulsando diferentes actividades para enriquecer e aumentar a experiencia dos visitantes nun entorno que goza das mellores condicións para a observación e mesmo o estudo do firmamento. Con esta finalidade, se instalaron catro grandes planisferios estelares, unha ferramenta que permitirá aos usuarios identificar cales obxectos celestes permanecen visibles e cales estarán ocultos nun momento determinado.

Concretamente, estas cartas estelares atópanse no Alto da Campá en Cíes; na zona de Caniveliñas, en Ons; en Punta Fradiño, en Cortegada; e na Aldea de Sálvora. Grazas á súa colocación, a contemplación das estrelas pode realizarse a calquera hora e día do ano, aproveitando unha visita ao Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Precisamente, o impulso ás actividades para fomentar o turismo astronómico forma parte das liñas estratéxicas contempladas polo órgano conservador do parque dentro da Carta Europea de Turismo Sustentable, que é unha iniciativa coa que se pretende compatibilizar a oferta turística coa preservación dos valores naturais. Neste senso, estase a traballar para desenvolver produtos atractivos para o visitante baseados na observación e contemplación do ceo nocturno e as estrelas.

Deste xeito, organizáronse charlas divulgativas e actividades de fotografía dos ceos durante a noite e están proxectados cursos de formación para guías e a elaboración de material informativo de apoio. Tamén se realizaron rutas starlight con astrónomos amateur con experiencia educativa nas Illas Cíes e nos cámpings deste e Ons se presentaron actividades pata familias e nenos baixo o título Descubrindo os nosos ceos.

Todas estas iniciativas gozaron do recoñecemento do público, como mostran os máis de 10.000 asistentes durante o pasado ano.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

sucesos

sucesos

incendio

  • El "maldito" minibús eléctrico de Vigo
    El "maldito" minibús eléctrico de Vigo Gafado sería la palabra más adecuada para definir al minibús eléctrico de Vigo que este viernes provocó un incendio con cinco intoxicados en el parque móvil municipal de Lavadores. Empezó con mal pie, no pudo con las cuestas del Casco…
    Leer más...

incendio

exposiciones

  • La saga de la Galaxias desembarca en Vigo
    La saga de la Galaxias desembarca en Vigo Figuras y bustos a escala real, réplicas de naves, vehículos y transportes, figuras de edición limitada pintadas a mano, así como todo tipo de enseres coleccionables. La Estación Marítima de Vigo acoge desde este jueves hasta el 23 de abril…
    Leer más...
  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos