24062017Sáb
Última edición: Vie, 23 Jun 2017 7pm

Unha viguesa entre os gañadores do concurso nacional “Pásate á e-factura” de Aqualia

A campaña ten como obxectivo aumentar o número de clientes que reciben a factura electrónica en lugar da factura tradicional en papel

15 Marzo 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Este mércores, o director de aqualia Vigo, José María Ardoy, fixo entrega do premio a Katia Palmeiro Lage nas instalacións de aqualia Vigo.. / Foto:Aqualia Este mércores, o director de aqualia Vigo, José María Ardoy, fixo entrega do premio a Katia Palmeiro Lage nas instalacións de aqualia Vigo.. / Foto:Aqualia

A viguesa Katia Palmeiro Lage é unha das gañadoras do concurso nacional “Pásate á e-factura” de Aqualia, que ten por obxectivo aumentar o número de clientes que reciben a factura electrónica en lugar da factura tradicional en papel.

O obxectivo de aqualia é lograr, no prazo dun ano, un millón de facturas electrónicas adicionais. Para promover e incentivar que os usuarios se pasen á factura dixital, a compañía sortea cada mes dúas tablets entre todos os que así o fan de forma efectiva.

En 2016 Aqualia puxo en marcha unha campaña para promocionar o uso da factura electrónica e substituír, progresivamente, o maior número posible de facturas emitidas en papel. Esta acción, que aínda continúa, permitiu incrementar nun 73,9% o número de clientes que colaboran na loita por preservar o medio ambiente. Así, a principios de 2017 o número de clientes de Aqualia que xa gozan de todas as vantaxes do servizo de e-factura ascendía a 296.499, o que supón un 9,64% do total.

Este mércores, o director de aqualia Vigo, José María Ardoy, fixo entrega do premio a Katia Palmeiro Lage nas instalacións de Aqualia Vigo.

Campaña sustentable
A Campaña complétase con accións informativas sobre as vantaxes de adherirse á facturación electrónica: máis cómoda, ao evitar acumulación de papel e permitir a súa consulta en calquera momento; máis rápida, pódese recibir o mesmo día en que se emite; máis segura, ao poder acceder persoalmente á mesma a través dunha clave na área de clientes; é gratuíta e ten a mesma validez legal que unha factura en papel. Co incremento no número de clientes adscritos ao servizo de factura electrónica minimízase o impacto no medio ambiente e evidénciase o compromiso de Aqualia co desenvolvemento sustentable.

Aqualia
É a empresa de xestión da auga de FCC, un dos grupos de servizos cidadáns lideres en Europa. A Compañía é a terceira empresa privada de auga de Europa e a sexta no Mundo, segundo o último ranking da publicación especializada Global Water Intelligence, e atende a 23,5 millóns de usuarios. Aqualia é a compañía de xestión da auga de FCC, un dos principais grupos europeos de Servizos Cidadáns. A empresa traballa en máis de 1.100 municipios e opera máis de 200 estacións de tratamento de auga potable e máis de 300 depuradoras en 19 países: España, Italia, Portugal, República Checa, Polonia, Romanía, Montenegro, Bosnia, México, Perú, Chile, Alxeria, Exipto, Emiratos Árabes Unidos, Sudáfrica, Arabia Saudita, Tunes, China e Uruguai.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

banner limpieza b FCC 2017

vigo en festas

patrimonio humanidad

fútbol

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos