24042017Lun
Última edición: Lun, 24 Abr 2017 8pm

documental

O antes e o despois dos pobos asolagados polo encoro de Belesar

A asociación cultural O Castro de Vigo proxecta "Asolagados" e programa unha charla con Alfonso Eiré

12 Marzo 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Encoro de Belesar. Encoro de Belesar.

A asociación cultural O Castro de Vigo vai proxectar o documental "Asolagados" o martes 14 de marzo ás 19.30 h na A.V. Val do Fragoso, en Balaídos. Para presentalo contarán coa presenza do seu guionista Afonso Eire.

O documental "Asolagados" conta o antes e o despois dos pobos que foron asolagados polo encoro de Belesar. Conta coa gravación de imaxes dos restos das casas, dos fornos, dos hórreos, das adegas, das árbores, das vides... e sobre todo, das testemuñas da vida a carón do río nos anos 40, 50 e 60: os traballos, as anécdotas, a “emigración da ribeira á montaña”.... Imaxes e sons que describen a mudanza dunha parte da paisaxe da Ribeira Sacra e dunhas persoas que se viron obrigadas a reinventar a súa vida e costumes.

Este proxecto audiovisual foi realizado por David Vázquez, Luis García, Humberto Novoa e Cristina López con guión de Afonso Eiré en colaboración coa 'Asociación Educativo Cultural Airoá Comunicación' e con 'Televinte Chantada Comunicación S.L'. O encoro de Belesar trátase dun pantano artificial creado en 1963 no río Miño (o máis grande deste río), situado entre os concellos de Taboada, Chantada, O Saviñao, Paradela, O Páramo, Guntín e Portomarín. Foi creado para abastecer unha central hidroeléctrica, operada na actualidade pola empresa Gas Natural Fenosa.

A construción do encoro supuxo anegar case 2.000 hectáreas de terreo fértil, ademais da desaparición do Castro Candaz e da vila de Portomarín, que se reedificou preto da súa antiga localización. Outros lugares habitados desapareceron tamén baixo as augas do encoro, como Mourulle, Pincelo, Abeledo ou Portomeñe. Despois da proxección terá un lugar coloquio coa presenza de Alfonso Eiré, guionista do documental, xornalista e escritor.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

sucesos

sucesos

incendio

  • El "maldito" minibús eléctrico de Vigo
    El "maldito" minibús eléctrico de Vigo Gafado sería la palabra más adecuada para definir al minibús eléctrico de Vigo que este viernes provocó un incendio con cinco intoxicados en el parque móvil municipal de Lavadores. Empezó con mal pie, no pudo con las cuestas del Casco…
    Leer más...

incendio

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos