11122019Mié
Última edición: Mar, 10 Dic 2019 9pm

medio ambiente

Panxón recupera a "excelencia" da auga e opta á bandeira azul perdida hai seis anos

De acadar o distintivo podería unirse en 2017 a Praia América e Patos tras seis veráns consecutivos sen ondear. Os análises dan un resultado histórico de cinco “Excelentes” nos areais

04 Diciembre 2016 por
Valora este artículo
(0 votos)
Areal de Panxón. / Foto: Arquivo Areal de Panxón. / Foto: Arquivo

O Concello de Nigrán proporá a praia de Panxón como candidata á bandeira azul xunto con Praia América e Patos tras obter unha calificación anual excelente na calidade das súas augas, requisito indispensable da Adeac para optar a ela. O areal non luce esta enseña dende o ano 2010 precisamente por este motivo, xa que aínda que os resultados acadados nese tempo a certificaban como “Boa” non tiñan o nivel de “Excelente” esixido e que en 2016 si obtivo.

A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, no seu informe anual de 'Vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia', vén de outorgar esta categoría máxima tamén a Praia América, Patos, Madorra e Area Fofa (Monteferro), un resultado histórico para o municipio. Os análises, realizados por inspectores dende a década dos 80 repítense ata unha decena de veces durante todo o verán (do 1 de xuño ao 30 de setembro) coa finalidade de difundir as cualificacións a tódalas partes interesadas (desde usuarios ata organismos estatais e autonómicos) e tomar medidas se fose preciso. Con estes datos se elabora o censo oficial das zonas de baño en toda a costa galega e o informe anual que se ven de comunicar ao Concello con tan bos parámetros.

“O resultado obtido ven a corroborar o bo traballo feito dende o Concello e Aqualia no seu plan para acabar con tódolos verquidos e o noso traballo a prol do medio ambiente”, sinala o alcalde, Juan González. Neste senso, o Concello de Nigrán, a través da empresa concesionaria Aqualia, emprendeu recentemente un plan inspección e reparación dos colectores de saneamento das zonas onde se detectaron recentemente verteduras de augas residuais ao mar. Estas actuacións se levan a cabo a tenor do 'V Plan de Control de Vertidos' emitido por Augas de Galicia o 26 de setembro, informe onde se sinalaban catro puntos negros no municipio e que xa están subsanados. Así, detectáranse problemas nos colectores do entorno das praias de Patos, Madorra e As Canas e no esteiro de A Foz (no entorno da Alameda Aqualia asumiu obras de reparación por valor de 80.000 euros). O Goberno municipal tomará tamén medidas para acabar coa contaminación no río Muíños. Para elo, realizará obras orzamentadas en 201.243,30 euros que tratarán de por fin aos constantes vertidos de augas fecais que non só ensucian a canle, se non tamén Praia América e o seu ecosistema dunar antes de chegar ao mar.

A preocupación do goberno por manter os areais en niveis de excelencia se reflexan tamén en que investirá 45.000 euros en obras para garantir a accesibilidade as principais praias de cara ao próximo verán. A acción, enmarcada na política de "Un Nigrán para todos", consiste na construción de aseos accesibles en Praia América, Patos, Area Fofa e Madorra e en habilitar un itinerario de entrada ao areal de Praia América mediante pequenas placas de formigón prefabricado e desmontable.

Ademáis das bandeiras azuis de Patos e Praia América (aquí ondea dende hai 25 anos consecutivos) o municipio goza de catro bandeiras Ecoplayas, sendo Praia América a primeira en obter este certificado en 2010 (o mesmo ano en que naceu ATEGRUS “Asociación Técnica para la Gestión de Residuos y Medio Ambiente, quen as outorga) no 2011 sumouse Panxón, no 2012 Patos e no 2013 Area Fofa. Dende entón as catro manteñen este distintivo grazas a política de conservación dunar, ás actividades medioambientais e deportivas que nelas teñen lugar ou a conservación do entorno natural.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos