22012020Mié
Última edición: Mar, 21 Ene 2020 9pm

Rutas e visitas guiadas gratuítas aos arquipélagos de Sálvora e Cortegada

O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia habilitará seis rutas nos arquipélagos

12 Septiembre 2016 por
Valora este artículo
(1 Voto)

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio organiza 6 rutas e visitas guiadas gratuítas aos arquipélagos de Sálvora e Cortegada do Parque Nacional Illas Atlánticas, baixo o lema “Descubrindo as Illas Atlánticas”.

Retómase así este programa, que comezou no mes de febreiro de 2015 con 5 rutas guiadas, que se ampliaron con oito actividades máis distribuídas nos meses de maio e setembro.

Con este programa de visitas preténdese animar aos cidadáns de tódalas idades a coñecer os valores destes enclaves naturais fóra da tempada de verán, nunha época de menor afluencia, e na que se descobren os seus valores dende outro punto de vista.

O prazo de inscrición ábrese mañá, 13 de setembro. A data límite para apuntarse será o mércores anterior á realización da ruta, de xeito que, no caso de Sálvora, o último día sería o 21 de setembro e, no de Cortegada, o 28 de setembro.

Solicitudes
Todas aquelas persoas interesadas en participar nalgunha destas actividades deberán reservar a súa praza a través da web da central de reservas que ten habilitado o Organismo Autónomo de Parques Nacionais, lugar onde están centralizadas todas as actividades que se ofrecen en tódolos Parques Nacionais de España. No apartado específico do PN Illas Atlánticas, aparece un listado das actividades ofertadas para cada unha das rutas. Cada persoa poderá reservar e participar nunha soa ruta. Habilitarase tamén unha listaxe de agarda, coa que cubrir posibles baixas.

Tamén se poderá cubrir dita solicitude acudindo á sede do Parque Nacional (Rúa Oliva 3, Vigo).

Os menores deberán ir acompañados dun adulto, e por cada adulto participante, admitiranse como máximo dous menores ao seu cargo sendo a idade mínima para participar os 12 anos.

A actividade será gratuíta na illa, pero cada persoa participante debe asumir o custo do transporte ao arquipélago, que deberá ser abonada antes de comezar o servizo. O transporte ao peirao de saída corre a cargo dos participantes.

No caso de non poder asistir á actividade deberase anular na mesma web de central de reservas onde se fixo a reserva como máximo o mércores anterior a cada ruta, co fin de dispoñer da praza para outras persoas interesadas.

Co ánimo de preservar os valores das illas e ofrecer unha atención o máis personalizada posible, estipúlase un número máximo de participantes. Tamén se advirte que a excursión pode quedar anulada se as condicións meteorolóxicas son adversas.

Xornada

Illa

Rutas

Prazas total ofertadas

24 e 25 setembro

Sálvora

Illa de esculturas e lendas

88

1 e 2 outubro

Cortegada

O segredo dun bosque no mar

22

fitur 2020

peinador

sucesos

fútbol

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos