• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 17 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Explorando as posibilidades dos drones de baixo custo no eido forestal

    Marta Fernández e Juan Barreiro, alumnos da Universidade de Vigo, afondan no uso cartográfico destas tecnoloxías nun proxecto recoñecido nos premios á innovación da Cámara de Comercio
    Redacción por Redacción
    07 de Dic, 2017
    en Medio Ambiente
    0
    Explorando as posibilidades dos drones de baixo custo no eido forestal

    Partindo dos estudos realizados para os seus traballos de fin de grao, dirixidos ambos pola profesora Julia Armesto, estes dous titulados, que no presente curso completan os seus estudos na escola cursando as materias da especialidade de Explotacións forestais, desenvolveron unha metodoloxía que, mediante o emprego destes dispositivos e dun software pouco explorado ata o de agora en Galicia permite obter “un conxunto de aplicacións” como modelos dixitais do terreo e de superficie, ortoimaxes ou o inventariado dunha masa forestal.

    “Trátase dun software que se emprega moito en agricultura de precisión, pero que non está implantado nin optimizado en Galicia e que non se está a utilizar con masas forestais nin con patrimonio, polo que o que intentamos é ver un pouco ata onde podíamos chegar”, explica a titulada e investigadora da EE Forestal Marta Fernández Álvarez, quen abordou o uso destas tecnoloxías para a realización de traballos de inventariado forestal, partindo da súa aplicación nunha masa de eucalipto en Ponte Caldelas.

    Nese mesmo municipio, Juan Barreiro Lages xerou mediante estes dispositivos un modelo en tres dimensións xeorreferenciada da ermida de Santa Comba. En ambos casos, o uso dun dron e dunha “cámara totalmente convencional”, como explica Barreiro, permitíronlles definir uns modelos 3D tanto con baixos marxes de erro nas súas dimensións e xeorreferenciación, de 20 centímetros con respecto á altura das árbores no caso da masa forestal, e de 1,2 centímetros no caso do modelado da ermida.

    Nos dous casos de estudo, os traballos partiron dun vo no que a cámara foi configurada para realizar unha fotografía cada segundo que, co apoio dun GPS e “dunha serie de dianas” instaladas no terreo, permitía obter unha información xeorreferenciada coa que posteriormente xerar un modelo en tres dimensións.

    Unha información que, no casos das masas forestais, permite a través duns “modelos matemáticos,  identificar cada pé e a súa altura e densidade de forma automática”, o que contribuiría a facilitar, por precisión e por supor un menor investimento de tempo e recursos, as tarefas de inventariado que se realizan en masas forestais.

    No relativo ao ámbito patrimonial, Barreiro puido xerar modelos tanto do terreo como da propia edificación, “que os escalan e posicionan”, resultados que, como sinala, poden contribuír “á por en valor o moito patrimonio que temos en Galicia, xa que xerar un modelo que che permita ver realmente o que hai facilita moito os traballos de restauración”.

    Precisión a baixo custo
    “En ambos casos, queda demostrado que pódense realizar traballos de enxeñaría con gran precisión, exactitude e competitividade, sen necesidade de realizar grandes investimentos en equipos”, conclúen os responsables dun proxecto que obtivo un galardón de 2000 euros nos premios impulsados, co apoio do Plan Social de Ence, pola Cámara de Comercio a raíz da creación, a comezos de ano, da súa Mesa Forestal, na que está representada a escola do campus pontevedrés.

    De feito, o recoñecemento económico que obtiveron nun certame no que competiron contra as propostas de diferentes empresas do sector e no que o primeiro premio foi para Jesús Martínez Benz, permitirá a estes dous titulados afondar na idea central dos seu proxecto, a de obter maior aproveitamento posible, para traballos cartográficos, dunhas tecnoloxías “miles de euros máis económicas que os drones profesionais”.

    “Nós chegamos a dous produtos finais, pero hai un abano moito máis grande”, salienta Barreiro, quen explica que destinarán o premio á adquisición de novos equipamentos co propósito de “explorar outras posibilidades”, como a adaptación do modelo probado con eucaliptos a outro tipo de masas arbóreas, no caso da liña explorada por Fernández.

    “En Galicia temos grandes masas forestais para desenvolver este tipo de traballos, polo que a idea é ver o que hai e tratar de melloralo e facelo máis fácil e máis preciso”, engade Barreiro das posibles aplicacións dunhas tecnoloxías que, sinala, reducen en gran medida o traballo de campo que sería preciso realizar con medios tradicionais.

    43

    RelacionadosArtículos

    El invierno que quema en la antigua estación de autobuses en Vigo
    Local

    El invierno que quema en la antigua estación de autobuses en Vigo

    16 de Ene, 2026
    Investigadores de la UVigo buscar frenar el progreso de la artrosis y estimular la regeneración del tejido
    Local

    Investigadores de la UVigo buscar frenar el progreso de la artrosis y estimular la regeneración del tejido

    16 de Ene, 2026
    Un exedil socialista de Baiona se enfrenta a 11 años de inhabilitación por una supuesta adjudicación ‘a dedo’
    Baiona

    Un exedil socialista de Baiona se enfrenta a 11 años de inhabilitación por una supuesta adjudicación ‘a dedo’

    16 de Ene, 2026
    Nuevo frenazo al proyecto de la Panificadora: el Concello, obligado a dar marcha atrás por un error legal
    Local

    «La realidad alternativa» que crea Caballero para tapar el error que retrasará el proyecto de la Panificadora

    16 de Ene, 2026
    Susto en el enlace del Corredor do Morrazo y la AP9
    Morrazo

    Susto en el enlace del Corredor do Morrazo y la AP9

    16 de Ene, 2026
    Vigo despide su primer lunes de horario invernal con una sublime puesta de sol
    Actualidad

    Las Rías Baixas, destino de astroturismo ante el eclipse solar de 2026

    16 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    por Redacción
    12 de Ene, 2026
    0

    Urbanismo exige el derribo definitivo de un local que acogió un famoso asador cultural de Vigo

    Urbanismo exige el derribo definitivo de un local que acogió un famoso asador cultural de Vigo

    por Redacción
    13 de Ene, 2026
    0

    Cierre total al tráfico de una calle de Vigo y restricciones para retirar las atracciones de Navidad

    Cierre total al tráfico de una calle de Vigo y restricciones para retirar las atracciones de Navidad

    por Redacción
    12 de Ene, 2026
    0

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    por David Augusto
    10 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Recuerdos de la batalla campal de Guixar
    Más Vigo

    Recuerdos de la batalla campal de Guixar

    En el mes de mayo de 1995 comenzó a funcionar la empacadora de basuras de Guixar, barrio de la ciudad...

    por Julio Alonso
    16 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Un novela viguesa nos lleva a México para revivir la historia de Massó
    Libros

    Xaime Fandiño desentraña el misterio de ‘Contubernio Picacho’ en Moaña

    La literatura gallega contemporánea se detiene este jueves en el corazón de O Morrazo para explorar las fronteras entre la...

    por Redacción
    14 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    Vigo acogerá el preestreno de ‘Rondallas’: día y sala para la película rodada en las Rías Baixas
    Opinión

    De la película «Rondallas» y del poder sanador de la comunidad

    Este diciembre pasado tuvimos la reunión de colaboradores de VigoE en un local de la zona vieja de Vigo. La...

    por Alba García Moreira
    14 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR