• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 17 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    As illas Cíes, campo de probas para a caza de lixo con drons

    A Universidade de Vigo testou con éxito en dous areais o proxecto LitterDrone, que permite controlar e xestionar os desperdicios mariños con estes aparatos
    Redacción por Redacción
    11 de Ene, 2019
    en Medio Ambiente
    0
    As illas Cíes, campo de probas para a caza de lixo con drons

    Fernando Martín, investigador do Grupo de Procesado de Imaxe e Realidade Virtual (GPI-RV) da Universidade de Vigo, explica que a parte principal do proxecto era desenvolver un software que procese as imaxes de dron para atopar e clasificar residuos mariños. Esta parte foi todo un éxito, e “contamos cun programa que aproveita as tecnoloxías dos vehículos aéreos non tripulados para obter imaxes e procesalas para detectar posibles residuos presentes nas praias ou noutras zonas costeiras”. Isto permite “saber onde hai lixo e de que tipo para axudar ao persoal encargado da limpeza”.

    A idea deste proxecto, desenvolto ao abeiro da convocatoria europea BlueLabs, nace do plan de seguimento do Ministerio para monitorizar unha serie de praias de todas as provincias costeiras, dúas delas en Pontevedra: Rodas e A Lanzada. Esta campaña de control realizábase de xeito tradicional, inspeccionando as praias e, coa proposta de Litterdrone preténdese achegar as novas tecnoloxías para a localización e identificación do lixo.

    O proxecto desenvolveuse durante dous anos cun orzamento de total de 392.657 euros, do que a Unión Europea achegou 312.998 euros. Aebam, entidade impulsora, ocupouse do asesoramento en temas ambientais, así como de determinar onde facer as mostraxes e delimitar os estándares para a clasificación dos residuos.

    Grafinta, pola súa banda, achegou os drons e tamén os pilotos (mentres os investigadores da Universidade non conseguiron o título preciso para manexar os UAVs), así como da realización da primeira parte do procesado de imaxe. Como explica Fernando Martín, “a partir das fotos que capturan os drons obteñen unha soa imaxe empregando un programa de fotogrametría comercial, que xera unha especie de mapa completo da praia”. É neste punto cando entra en xogo a tecnoloxía deseñada polo Grupo de Procesado de Imaxe e Realidade Virtual da Universidade, que se encarga do segundo procesado das imaxes.

    Para isto, destaca Martín, “elaboramos un software que axuda ao usuario a facer un informe sobre os residuos que hai na praia». O primeiro é localizar obxectos sospeitosos de ser lixo, para despois identificar e clasificar os máis comúns, diferenciando, por exemplo, entre botellas de vidro, de plástico, latas, tapóns, bastóns dos oídos e mesmo cabichas, se chegan a verse con claridade na imaxe”. Outro tipo de desperdicios que o programa non é quen de clasificar, apunta o investigador, identifícaos como algo estraño, pero ten que ser unha persoa a que se encargue de revisar e identificar estes obxectos.

    Catro campañas de mostraxe en Cíes
    Para testar a tecnoloxía, os investigadores realizaron catro campañas de mostraxe en dous areais das illas Cíes, unha na praia de Rodas, que forma parte do plan de seguimento do Ministerio, e outra na de Nosa Señora. As probas fixéronse en maio e setembro de 2017 e en abril e setembro de 2018, con entre cinco e dez voos en cada campaña empregando diferentes drons e diferentes cámaras e tanto con lixo colocado a propósito como aproveitando o xa existente nos areais.

    Segundo os investigadores, este novo sistema presenta unha serie de vantaxes na loita contra o lixo mariño, entre elas, que o uso de drons reduce o tempo da mostraxe respecto da mostraxe a pé. Ademais, destacan, é posible monitorear varias praias próximas na mesma campaña e tomar imaxes e información de lugares de difícil acceso que, doutro xeito, non se poderían explorar.

    Por outra banda, grazas a estas ferramentas pódese crear un rexistro dixital con imaxes e informes e facelo realizando o traballo de campo na oficina, xa que as imaxes das praias se poden recibir e procesar en calquera lugar.

    O seguinte paso: chegar ao mercado
    A valoración destes dous anos de traballo coordinado entre os grupos de Procesado de Imaxe e Realidade Virtual e I-Mark, da Universidade de Vigo, a Aebam e Grafinta é, segundo Martín, “moi positiva, pola experiencia de colaboración e polo coñecemento gañado en drones e tecnoloxía de imaxe aérea e sobre todo en procesado da imaxe ao aire libre e con iluminación non controlada”. Neste sentido, remarca o docente que o potencial da visión artificial é moi amplo, pero adoita empregarse en contornas controladas como instalacións industriais ou para diagnose médica, “mentres neste caso traballamos ao aire libre e sen poder controlar moitas variables”.

    Agora, co software xa rematado, o equipo enfróntase a un novo reto: levalo ao mercado. A convocatoria BlueLabs contempla como parte do proxecto que o produto ou servizo desenvolvido se comercialice, e para iso o grupo I-Mark fixo un estudo de viabilidade económica e un plan de márketing e agora queda por rematar o plan de empresa. A finalidade é levar os resultados do proxecto ao mercado como servizo comercial, por exemplo, creando unha spin-off. Para isto están buscando financiamento, coa vista posta na convocatoria europea SME para a creación de pequenas empresas.

    Liñas futuras de traballo
    Aínda que o proxecto Litterdrone remata este mes, os seus impulsores apostan por continuar con esta liña e valoran outros eidos de aplicación que van máis aló do eido ambiental e do contexto costeiro. Entre outras posibilidades destacan a revisión e inspección de instalacións industriais e enerxéticas, como liñas de alta tensión, aeroxeradores ou granxas solares, nas que normalmente non hai persoal ou hai pouco. Mesmo os investigadores consideran posibles liñas de traballos centradas na identificación de lixo flotante ou incluso afundido, sempre que sexan augas claras.

    43

    RelacionadosArtículos

    Atios gana (otra vez) en un Ifevi abarrotado: récord de 7.000 personas en el Certamen de Rondallas
    Música

    Atios gana (otra vez) en un Ifevi abarrotado: récord de 7.000 personas en el Certamen de Rondallas

    17 de Ene, 2026
    Recordando a Hernández y Carrascal en la Rúa Príncipe
    Más Vigo

    Recordando a Hernández y Carrascal en la Rúa Príncipe

    17 de Ene, 2026
    Luisa Sánchez visita Bembrive en las semanas previas a San Blas
    Local

    Luisa Sánchez visita Bembrive en las semanas previas a San Blas

    17 de Ene, 2026
    Detenido un vigués por forzar e intentar robar máquinas expendedoras en el centro de Vigo
    Local

    Diez años después de subastar 40 pisos municipales… el Concello de Vigo comprará viviendas

    17 de Ene, 2026
    Reapertura (parcial) de la AP9 en sentido Vigo: dos heridos graves y un camión volcado
    Actualidad

    Reapertura (parcial) de la AP9 en sentido Vigo: dos heridos graves y un camión volcado

    17 de Ene, 2026
    La calle Pontevedra accede a la lista de espera de las humanizaciones
    Sucesos

    Una joven se queda encerrada en una discoteca en Vigo y los bomberos cortan la persiana para liberarla

    17 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    por Redacción
    12 de Ene, 2026
    0

    Urbanismo exige el derribo definitivo de un local que acogió un famoso asador cultural de Vigo

    Urbanismo exige el derribo definitivo de un local que acogió un famoso asador cultural de Vigo

    por Redacción
    13 de Ene, 2026
    0

    Cierre total al tráfico de una calle de Vigo y restricciones para retirar las atracciones de Navidad

    Cierre total al tráfico de una calle de Vigo y restricciones para retirar las atracciones de Navidad

    por Redacción
    12 de Ene, 2026
    0

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    por David Augusto
    10 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Recordando a Hernández y Carrascal en la Rúa Príncipe
    Más Vigo

    Recordando a Hernández y Carrascal en la Rúa Príncipe

    Esta fotografía está tomada en la Rúa Príncipe, de la ciudad de Vigo, hace más de diez años. A la...

    por Julio Alonso
    17 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Un novela viguesa nos lleva a México para revivir la historia de Massó
    Libros

    Xaime Fandiño desentraña el misterio de ‘Contubernio Picacho’ en Moaña

    La literatura gallega contemporánea se detiene este jueves en el corazón de O Morrazo para explorar las fronteras entre la...

    por Redacción
    14 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    Vigo acogerá el preestreno de ‘Rondallas’: día y sala para la película rodada en las Rías Baixas
    Opinión

    De la película «Rondallas» y del poder sanador de la comunidad

    Este diciembre pasado tuvimos la reunión de colaboradores de VigoE en un local de la zona vieja de Vigo. La...

    por Alba García Moreira
    14 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR