• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 17 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    medio ambiente

    As Illas Atlánticas, atractivo para impulsar e dinamizar o patrimonio natural

    A directora xeral de Patrimonio Natural presenta en rolda de prensa o Plan de promoción do Patrimonio Natural cos que se pretende atraer visitantes a paraxes que se atopan na mesma área de influencia
    Redacción por Redacción
    31 de Ene, 2017
    en Medio Ambiente
    0
    As Illas Atlánticas, atractivo para impulsar e dinamizar o patrimonio natural

    Este é un dos retos do Plan de promoción e posta en valor do patrimonio natural de Galicia, elaborado pola Xunta de Galicia e que recolle os cinco eixes que determinan esta cita, como é o feito de apostar polo crecemento económico inclusivo e sostible; a inclusión social, o emprego e a redución da pobreza; o uso eficiente dos recursos, protección ambiental e cambio climático; valores culturais, diversidade e patrimonio e a comprensión mutua, paz e seguridade.

    A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, presentou este martes este plan de promoción, que identifica un total de 17 espazos imán que son enclaves polo seu alto valor patrimonial e por ser os espazos naturais máis coñecidos e recoñecidos, polos galegos e polas persoas que visitan Galicia.

    O Plan de promoción e posta en valor do patrimonio natural ten tres eixes de actuación, que son a posta en valor do patrimonio natural; a promoción e comunicación do patrimonio, a través de feiras e elaboración de paquetes turísticos; e a educación ambiental e divulgación dos recursos naturais de Galicia, co que se apostará pola difusión e investigación científica, dende un punto de vista didáctico. Un plan para levar a cabo durante os próximos catro anos, que conta con 4 millóns de euros e que permitirá levar a cabo 29 actuacións distintas. Mato Otero recordou que o plan tamén integra unha nova imaxe e marca: “Galicia, natural e única”.

    Entre os mesmos, destacan os seis parques naturais (Fragas do Eume, Complexo Dunar de Corrubedo e as Lagoas de Vixán e Carregal, Monte Aloia, Baixa Limia-Serra do Xurés, O Invernadeiro e Serra de Enciña da Lastra), o Monumento Natural da Praia das Catedrais, dous espazos da Rede Natura (Carnota-Monte Pindo e a Ribeira Sacra e Canóns do Sil) e as seis reservas da biosfera (os Ancares Lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá, o Río Eo, Oscos e Terras de Burón, a Área de Allariz, as Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, as Terras do Miño e a tranfronteiriza do Xurés-Gerês, e recentemente o Courel).
    A idea é aproveitar o recoñecemento e popularidade destes espazos para convertelos en elementos de atracción de visitantes cara outros enclaves, creando sinerxias entre os diferentes espazos, polo que nun radio de 30 e de 50 quilómetros, cóbrese a gran maioría do territorio de Galicia.

    Unha das novidades que recolle este plan é a posta en marcha da primeira plataforma web da Rede de Parques en Galicia (parquesnaturais.xunta.gal), en colaboración coa Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega), coa que se quere ofrecer ás persoas que visitan os parques, toda a información para gozar e sacar o máximo proveito da súa visita.
    Incluirá información práctica sobre como chegar, as visitas e rutas que poden realizar unha vez que estean nos parques, ou os servizos cos que alí se van atopar; en definitiva, facilita o acceso á información e valoriza estes espazos e a súa contorna.
    Argumentou que na na actualidade as novas tecnoloxías e as redes sociais forman parte da nosa vida cotiá, polo que o patrimonio natural non pode quedar atrás.

    Tamén se realizou unha renovación da aplicación para dispositivos móbiles e que agora contén información máis actualizada e accesible, tanto dos valores dos parques como os recursos que se atopan nos mesmos, e establece enlaces cos servizos de información de concellos e mancomunidades da súa área de influencia. Esta App tamén se ampliará para incluír na mesma o conxunto de espazos protexidos da Comunidade, ao tempo que se fomentará a presenza nas redes sociais do patrimonio natural e o uso desta canle como ferramenta de promoción e valorización.

    O Parque Nacional das Illas Atlánticas, Top 100 Quality Coast
    A directora de Patrimonio Natural recordou que o parque vén de recibir o galardón Top 100 Quality Coast, que acredita a inclusión do Parque Nacional das Illas Atlánticas neste ranking, que é o maior programa internacional de certificación para este tipo de destinos turísticos.

    Salientou que a importancia deste recoñecemento radica no feito de que QualityCoast forma parte da iniciativa global Green Destinations, a maior asociación mundial en turismo sostible, que conta con 50 socios en 30 países.

    Defendeu que esta distinción, xunto cos Carta Europea de Turismo Sostible –recibida en decembro de 2015- ou o certificado de Destino Turístico Starlight recibido na edición anterior de Fitur, e os valores que o definen como Parque Nacional das Illas Atlánticas fan deste enclave o buque-insignia do turismo natural de Galicia e un punto turístico prioritario, xa que é o segundo destino turístico máis demandado en Galicia, despois da Catedral de Santiago.

    [iframe width=»560″ height=»315″ src=»https://www.youtube.com/embed/I3fSYA6IF6Y» frameborder=»0″ allowfullscreen ]

    43

    RelacionadosArtículos

    Recordando a Hernández y Carrascal en la Rúa Príncipe
    Más Vigo

    Recordando a Hernández y Carrascal en la Rúa Príncipe

    17 de Ene, 2026
    Luisa Sánchez visita Bembrive en las semanas previas a San Blas
    Local

    Luisa Sánchez visita Bembrive en las semanas previas a San Blas

    17 de Ene, 2026
    Detenido un vigués por forzar e intentar robar máquinas expendedoras en el centro de Vigo
    Local

    Diez años después de subastar 40 pisos municipales… el Concello de Vigo comprará viviendas

    17 de Ene, 2026
    Reapertura (parcial) de la AP9 en sentido Vigo: dos heridos graves y un camión volcado
    Actualidad

    Reapertura (parcial) de la AP9 en sentido Vigo: dos heridos graves y un camión volcado

    17 de Ene, 2026
    La calle Pontevedra accede a la lista de espera de las humanizaciones
    Sucesos

    Una joven se queda encerrada en una discoteca en Vigo y los bomberos cortan la persiana para liberarla

    17 de Ene, 2026
    Vigo repite (otra vez) en el podio de los lugares donde más llueve
    Local

    A juicio un vigués por amenazas graves a su vecino, que es agente de la Policía Nacional

    17 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    por Redacción
    12 de Ene, 2026
    0

    Urbanismo exige el derribo definitivo de un local que acogió un famoso asador cultural de Vigo

    Urbanismo exige el derribo definitivo de un local que acogió un famoso asador cultural de Vigo

    por Redacción
    13 de Ene, 2026
    0

    Cierre total al tráfico de una calle de Vigo y restricciones para retirar las atracciones de Navidad

    Cierre total al tráfico de una calle de Vigo y restricciones para retirar las atracciones de Navidad

    por Redacción
    12 de Ene, 2026
    0

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    por David Augusto
    10 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Recordando a Hernández y Carrascal en la Rúa Príncipe
    Más Vigo

    Recordando a Hernández y Carrascal en la Rúa Príncipe

    Esta fotografía está tomada en la Rúa Príncipe, de la ciudad de Vigo, hace más de diez años. A la...

    por Julio Alonso
    17 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Un novela viguesa nos lleva a México para revivir la historia de Massó
    Libros

    Xaime Fandiño desentraña el misterio de ‘Contubernio Picacho’ en Moaña

    La literatura gallega contemporánea se detiene este jueves en el corazón de O Morrazo para explorar las fronteras entre la...

    por Redacción
    14 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    Vigo acogerá el preestreno de ‘Rondallas’: día y sala para la película rodada en las Rías Baixas
    Opinión

    De la película «Rondallas» y del poder sanador de la comunidad

    Este diciembre pasado tuvimos la reunión de colaboradores de VigoE en un local de la zona vieja de Vigo. La...

    por Alba García Moreira
    14 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR