• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    jueves, 15 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Xunta incorpora drons e reforza a vídeovixilancia fixa na loita contra o lume

    Aparellos non tripulados utilizarán cámaras térmicas para mellorar o control móbil dos montes galegos. Tamén aumentan ata 118 os dispositivos fixos da rede de vídeovixilancia
    Redacción por Redacción
    25 de Sep, 2019
    en Medio Ambiente
    0
    A Xunta incorpora drons e reforza a vídeovixilancia fixa na loita contra o lume

    Estes aparellos non tripulados incorporan cámaras de vídeo e térmicas, estas últimas pensadas sobre todo para actuar de noite. Mellórase deste xeito a vixilancia móbil no monte, reforzando especialmente as zonas de alta actividade incendiaria. Na mesma liña mellorouse tamén a vixilancia fixa, coa incorporación de 30 novas cámaras de última xeración, que se suman ás 88 xa instaladas na Rede de Videovixilancia Forestal, polo que se disporá dun total de 118.

    Con elas cubriranse 200.000 hectáreas máis de territorio galego, a maiores dos 1,6 millóns de hectáreas xa abarcadas. Polo tanto, máis da metade da superficie da nosa comunidade estará vixiada por estas cámaras.

    Xestión da biomasa nas franxas
    Os novos drons non terán unicamente a misión de detectar focos de lumes, senón que tamén participarán na prevención dos incendios controlando o cumprimento das obrigas canto a xestión da biomasa nas franxas. Así, refórzase a aplicación práctica do convenio de protección das aldeas, cunha maior eficacia nos labores de replanteo e planificación das faixas secundarias que se están a limpar grazas ao sistema público de xestión de biomasa.

    Este acordo, que constitúe un avance e unha novidade importante no eido da prevención dos lumes, foi asinado entre a Consellería do Medio Rural, Seaga e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

    As tres entidades traballarán conxuntamente a través de tres piares: a dotación dun plan municipal de prevención e defensa, facilitado xa pola Xunta a 97 concellos (a final de ano serán 200); a xestión da biomasa no 100% das faixas secundarias de 70 parroquias prioritarias e, por último, a denominación de “aldeas-modelo” para fomentar a actividade agrogandeira na franxa de 50 metros próxima ás vivendas en núcleos que funcionarán como exemplo para todo o territorio.

    Tecnoloxía IOT
    Outra das apostas tecnolóxicas da Xunta na loita contra os incendios será a aplicación da tecnoloxía IOT (Internet of Things) e técnicas de Big Data á Rede de Videovixilancia dos Espazos Forestais de Galicia. Tratarase de despregar dispositivos IOT nun mínimo de tres centros de telecomunicacións da Rede para detectar, analizar e enviar datos relativos a parámetros atmosféricos que teñen incidencia nos incendios forestais como a humidade, pluviometría, temperatura, dirección e forza do vento.

    Descende o número de Parroquias de Alta Actividade
    Por outra banda, descendeu o número de Parroquias de Alta Actividade Incendiaria (PAAI), de acordo coa evolución da cifra de lumes rexistrados e a súa virulencia nos últimos anos nestas zonas.  Como consecuencia, diminuíu en seis o número de PAAI con respecto ao pasado ano, pasando a ser 71 no conxunto de Galicia. Nestas parroquias faise un seguimento especial da actividade incendiaria e da súa incidencia sobre o territorio.

    Teléfono para denuncias anónimas
    No eido da sensibilización social e do fomento da colaboración cidadá contra a actividade incendiaria, unha mellora introducida este ano pola Administración autonómica é a posta en marcha dun teléfono específico e gratuíto de denuncias anónimas, o 900.815.085. Desta forma, a poboación pode denunciar calquera actividade delituosa cando teña coñecemento dela, ben a través deste servizo ou directamente comunicando este tipo de accións ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

    Dispositivo e formación
    O dispositivo establecido este ano na loita contra o lume mantén o esforzo de temporadas anteriores e amplía a súa cobertura, de forma que o persoal fixo descontinuo da Xunta permanecerá despregado ao longo de cinco meses, en lugar de catro, como foi o caso do ano pasado.

    En total, son máis de 7.000 as persoas implicadas no operativo, contabilizando as da propia Xunta, da Administración do Estado e dos concellos, apoiadas por unha trintena de medios aéreos e por 360 motobombas, entre outros medios.

    desbroce

    A Consellería do Medio Rural está a desenvolver tamén o plan de formación 2019 do persoal da Dirección Xeral de Defensa do Monte cun investimento de 181.000 euros. Son 15 cursos diferentes adaptados e enfocados a cada posto laboral nos que hai 272 accións formativas para 7.142 alumnos (a maioría do persoal recibirá dous cursos) e, das accións previstas, xa se impartiron 173 correspondentes a 8 cursos distintos nas que participaron 5.100 alumnos.

    Hai cursos específicos dirixidos a bombeiros forestais condutores de motobomba, emisoristas, bombeiros forestais xefes de brigada, directores técnicos de extinción, etc. Tamén se desenvolverán cursos de primeiros auxilios, de grandes incendios forestais e de condución e manexo de motobombas e todoterreos para bombeiros e xefes de brigada.

    Renovación do material
    No que atinxe á renovación e mellora do material e dos medios de extinción, a Consellería do Medio Rural renovou este ano ata 22 motobombas do Servizo de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais (Spdcif). O custo de cada unha destas motobombas supera os 217.000 euros, polo que só nestes vehículos renovados Medio Rural investiu preto de 5 millóns de euros.

    Cómpre destacar que desde 2013 renováronse 77 motobombas, é dicir, preto do 50% das que ten o servizo, que está estruturado en 19 distritos forestais. Este ano entregaranse seis vehículos motobomba de segunda man a varios municipios, co fin de mellorar o traballo que se realiza desde as brigadas municipais e contribuír deste xeito a renovar o seu parque móbil.

    43

    RelacionadosArtículos

    Vigo lidera el seguimiento de la huelga de médicos
    Actualidad

    Disparidad de cifras en el apoyo a la huelga de médicos: un 20%, Sanidade y un 70%, sindicatos

    14 de Ene, 2026
    La Xunta eleva su apuesta por Vigo con 5.300 viviendas: en Navia hay 900 «en marcha»
    Local

    Cuatro cooperativas se reparten 70 parcelas en Vigo para construir 140 viviendas en Navia

    14 de Ene, 2026
    Detienen a una mujer en Vigo tras robar una tarjeta bancaria para jugar en un local de apuestas
    Sucesos

    Un escape de gas por la rotura de una tubería obliga a cerrar dos horas una calle de Vigo

    14 de Ene, 2026
    Salen a la venta este miércoles las entradas del concierto de Luz Casal en Vigo
    Música

    Luz Casal anuncia nueva fecha en Vigo con un segundo concierto

    14 de Ene, 2026
    Drones e Inteligencia Artificial se alían para salvar el mejillón en la Ría de Vigo
    Ciencia y Tecnología

    Drones e Inteligencia Artificial se alían para salvar el mejillón en la Ría de Vigo

    14 de Ene, 2026
    Trasladada una mujer al Álvaro Cunqueiro tras sufrir un accidente de tráfico en Redondela
    Salud

    La presión asistencial en Vigo sigue «alta» aunque ya se registran más altas que ingresos

    14 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    por Redacción
    12 de Ene, 2026
    0

    Urbanismo exige el derribo definitivo de un local que acogió un famoso asador cultural de Vigo

    Urbanismo exige el derribo definitivo de un local que acogió un famoso asador cultural de Vigo

    por Redacción
    13 de Ene, 2026
    0

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    por David Augusto
    10 de Ene, 2026
    0

    Cierre total al tráfico de una calle de Vigo y restricciones para retirar las atracciones de Navidad

    Cierre total al tráfico de una calle de Vigo y restricciones para retirar las atracciones de Navidad

    por Redacción
    12 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Colaboración entre Concello de Vigo y Deputación
    Más Vigo

    Colaboración entre Concello de Vigo y Deputación

    Estas obras corresponden a la conexión entre la Rúa Marqués de Valterra y la Rúa Torrecedeira a través de la...

    por Julio Alonso
    14 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    Un novela viguesa nos lleva a México para revivir la historia de Massó
    Libros

    Xaime Fandiño desentraña el misterio de ‘Contubernio Picacho’ en Moaña

    La literatura gallega contemporánea se detiene este jueves en el corazón de O Morrazo para explorar las fronteras entre la...

    por Redacción
    14 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    Vigo acogerá el preestreno de ‘Rondallas’: día y sala para la película rodada en las Rías Baixas
    Opinión

    De la película «Rondallas» y del poder sanador de la comunidad

    Este diciembre pasado tuvimos la reunión de colaboradores de VigoE en un local de la zona vieja de Vigo. La...

    por Alba García Moreira
    14 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR