19112019Mar
Última edición: Lun, 18 Nov 2019 7pm

Delio Fernández tivo en maio o punto e seguido á tempada. Isto é parar tras o esgotamento e volver a adestrar para facelo ben dende este fin de semana na Route do Sud e no Tour de Austria. Iso si, rozou a vitoria en Francia e estivo presente na primeira edición do Desafío Delio, unha marcha cicloturista para afeccionados. 

As carreiras e case unha vitoria
Delio Fernández resumiu do seguinte xeito a primeira parte de maio: "Empecei o mes en Frankfurt onde comencei a recuperar sensacións rematando no grupo dianteiro e estando na loita ata o final. Sen moito descanso, xa estaba de novo cun dorsal posto nos 4 días de Dunquerke ( que ainda non sei sei por qué lle chaman 4 dias… se son 5) A priori parecía un percorrido para nada adaptado ás miñas características. Etapas moi planas, estradas estreitas, abanicos, e finais desninados ó sprint. Ademáis tiven a oportunidade de coñecer algún tramos de pavé polos que ten pasado a Paris-Roubaix. Menos mal que estaban lonxe de meta e non houbo demasiada guerra mais que a tensión por estar adiante, e evitar caídas e posibles cortes.

Durantes os primeiros días fun recuperando sensacións mentras axudaba os sprinters do equipo a que tivesen a súa oportunidade nas chegadas masivas. Eu seguía algo lastrado polas consecuencias da alerxia pero cos pasos dos días comenzaron a desaparecer e volvía a sentirme competitivo. E chegou a etapa na que me podía deixarme ver. Unha etapa cuns últimos kms sobre un duro circuito cunha suave subida con tramos de adoquín ( pero non tan bravo como os ddos días anteriores) Ainda así ante a miña inexperiencia no pavé, tiven que tirar de consello de compañeiros máis acostumados a estas circustancias para decidir que presión de tubular levar) En un principio parecía que o trazado non ía dar para moito pero o forte ritmo e os 9 pases pola subida reduciu moitísimo o grupo. Cheguei ós últimos kms en condicións para loitar pola etapa. Incluso encabecei un ataque a 3 kms de meta pero non tiven sorte e non encontrei colaboración cos 2 corredores que me acompañaban. Comenzou a chegar algún corredor mais, e de cara ós últimos metros faltoume algo de forzas para disputar a etapa. Quizais fun xeneroso de máis ou elixín a aposta errónea pero ese día tiña pernas para poder gañar".

A parada e "a vergonza de ir tan despacio"
Tras competir dende xaneiro e pasar por enfermidades e alerxias na primavera, o ciclista moañés parau este mes: "Despois de rematar 6º na xeral, Tocaba regresar a casa para tomarme unha semana de descanso. Só foi un pequeno descanso no que intercalei 4 días de descanso total con adestramentos de rexeneración. E aproveitar para compartir pedaladas cos afeccionados ó ciclismo que se achegaron a Moaña para participar no Desafío Delio Fernández. Despois de esta semana tocou retomar a rutina diaria dos adestramentos cunha primeira semana de acumular moitas horas a un ritmo baixo ( unas 25 horas semanais ) Os menos expertos no ciclismo poden pensar que por ser ciclista profesional un ten que ir co gatillo todo o día… pois ben, as veces tamén toca ir despacio e esta semana por veces ata dábame 'vergonza' por ir tan despacio. Trataba de buscar compañía de amigos afeccionados ó ciclismo para que me acompañasen e facer os adestramentos mais a menos.

Regreso ó duro, Nairo Quintana e a sorpresa das pequenas carreiras con encanto
Xa nas últimas semanas do mes, Delio Fernández regresou ós adestramentos duros para afrontar un xuño con dúas carreiras moi importantes na tempada. Este fin de seman estará na Route du Sud en Francia, que ten unha etapa de alta montaña nos Pirineos. Compartirá pelotón co Movistar e cun Nairo Quintana que afina a forma para o Tour. Despois, Delio terá que ir a Austria onde estará na principal carreira do país. Unha volta dunha semana e matriz de KTM, as bicicletas do equipo.

"Volvemos a destramentos mais habituais de metade de temporada, con traballo de series e volver á competición con 2 clasicas na Bretaña francesa en onde non me encontrei demasiado ben pero un pouco dentro do programado. As veces sígome sorprendendo co ambiente que se vive en algunas carreiras que sendo menos coñecidas que outras, están abarrotadas de afeccionados. Por exemplo no GP Plumelec fixeron coincidir a nosa proba cunha feminina de carácter internacional. Cun percorrido que se pasaba por meta ( en un pequeño repeito) como 12 veces en 180 kms. E a organización tiña organizado todo de tal maneira de que a xente vivise un auténtico día de ciclismo a cambio de unha entrada como se estivese nun recinto deportivo". 

deliovigoeesbajo 

Alfonso Pato (Cans, 1969) é o director da tolemia colectiva que é o festival de Cans. Un concepto que pasou de festival de curtas a ser multidisciplinar pero que conserva a súa esencia. Audiovisual galego no rural de O Porriño.

Eduardo Rodríguez Cunha 'Tatán (maio, 1954) é un dos veciños de Redondela máis coñecidos. Actor e, sobre todo, titiriteiro, abrirá este luns o Festival de Títeres de 2016 cun concerto de presentación do seu primeiro e único disco 'Chapeu'. Porque, pasados os sesenta, quixo facer cd e dará un concerto na súa vila o que implica estar "feliz e contento". 

¿Este ano ten moita presencia no festival con concerto e actuación de Tanxarina?
A presencia é algo que coincide porque son titiriteiro e, como presentei o disco en xaneiro, quixeron que inaugurar o festival co concerto e eu estou moi contento porque é a miña vila, onde nacín. Sae un pouco do mundo dos monicreques, pero as cancións están relacionadas co mundo teatral e todo vai ligado. É unha necesidade que tiña de contar, a través da música, as letras que fun escribindo na miña etapa como titiriteiro.

¿Vostede fai de todo?
Xa tiña os meus 'pinitos' na música con Igualdeixa en Redondela xunto con Tejo, Fon, Castillo, Mingui, Jando... Xuntabámonos e cantabamos. Eu, coa miña sapiencia musical, axudaba coas letras. No caso de 'Chapeu', quixen illarme un pouco do entorno de Redondela e facelo fóra. O fixen con Pablo Vidal, que é un contrabaixista moi recoñecido. Sacamos o disco e quedamos moi contentos. Xa teño en mente ó segundo. Teño algunha letra, xa. E iso que non contaba.

¿Está nunha etapa que fai o que quere?
A verdade é que no teatro podes facer o que queres. A nivel persoal non é tan doado. Manter unha empresa como Tanxarina, que somos tres, Miguel Borines, Ándres Giráldez e eu, máis Ana Bea, que está na oficina, supón un esforzo empresarial e manter a cabeza ocupada. Ó mesmo tempo, dende o punto de vista artístico, acontece que tes gañas de facer outras cousas e sucede. Por exemplo, facer concertos. Soamente tiña a intención de sacar o disco, pero despois a vea artística xurde e queres contalo en directo ó público. Miguel e Andrés agora están en Serramoura na televisión. Sempre nos apoiamos de xeito natural entre nós. Un di apetéceme facer isto e ten vía libre. Somos autónomos e temos un grado de autonomía e, ademais, cando estamos fóra temos que apoiarrnos. Quen queira facer outra cousa, que poida facelo.

¿Supón máis responsabilidade dar un concerto ante un público que coñece ó 99%?
Moitos xa me coñecen hai moitos anos dos meus comezos. Agora estou un pouco máis maior e paseime do Rock ás habaneras, ó fado, ó swing... Cada vez que actúo en Redondela atópome moi feliz e contento. Non teño medo ningún. Incluso os erros que poden acontecer durante o concerto os incorporo para sobreentender que estou contando cousas a miña xente. Por iso non sinto nervios. Responsabilidade teño toda, que todo saia ben, que os músicos cheguen a tempo, que o son funcione.

¿Cambia actuar en Redondela?
Atópome como na casa. Como estar nunha festa con amigos que cantamos. Fóra é distinto, xa fixen algúns concertos en Santiago, Portugal e Narón. Estivemos todos moi contentos e saíu ben. Despois, o que son táboas no escenario xa levo 33 anos e é algo que axuda. Actúo case todos os días e son públicos diferentes. Este disco, Chapeu, ten unha historia moi teatralizada e podo aproximarme ó meu campo. Algunhas cancións case son faladas, cantadas pero moi interpretadas. Axuda moito e creo o meu estilo.

tatan 42

O martes toca representar Titiricircus en Redondela. Unha obra que puideron ver todas as xeracións de redondeláns.
Hai un programador en Verín que di que vai a levar Titiricircus cada catro anos porque afirma que cada xeración ten que ver este espectáculo. Foi unha referencia no seu tempo. Naceu en 1987, xa cumpriu 25 anos, xa fixemos un libro... De todo. O levamos hai pouco ata Colombia. É un espectáculo que permite levalo a América porque é manexable. Leva máis de 1.500 funcións e é como os Colombaioni, que actúan toda a vida igual por parellas e fan sempre o mesmo, pero os ves e escachas coa risa.

¿Pasa en Redondela cada vez que o representan?
Andrés Giráldez, que fai de técnico neste número, comezou de neno. Mirábanos actuar e despois incorporouse a compañía. Outros, hai xente de Redondela que coñeceron o número cando aínda non estaban casados e agora veñen co neto da man. Unha persoa que tiña vinte e como levamos agora trinta anos coa obra, pode vir co neno. Hai casos. É moi curioso é simpático. Imos perdendo o pelo, pero ven o avó e di: “eu te vin no ano oitenta e tantos”. É algo moi emotivo. Faite feliz, fai que creas na profesión e que sexas útil. No noso caso servimos para cubrir a parte lúdica da vida, aínda que ás veces, sofres algunha patada no cu, pero pasa en tódalas profesións.

¿Como se mantén o Festival de Títeres durante 17 anos?
Isto foi por Juanjo Amoedo, que prendeu isto e morreu sen poder ver a primeira edición. Era moi amigo meu. Tiña boa relación cos empresarios e unha vez acudiu a Segovia a ver o Titirimundi e dixo que tiñamos que facer iso en Redondela. Encargouse el e acadou algo moi importante, que foi crear este festival da base de Redondela. Meteu ós insubmisos, a asociacións de mulleres, ós empresarios, os 'scouts'... Xuntou a todos e deu unha forza moi grande ó festival. O primeiro ano xa funcionaba, estaba todo cheo. A sala do Multiusos chea. Todo. Conformou unha especie de colchón que permite que o festival continúe funcionando e sexa dos acontecementos máis importantes de Redondela.

Tanxarina é unha empresa de titiriteiros e de ámbito case exclusivo galego, ¿como se consegue aguantar tanto tempo?
Economicamente é moi difícil. A cultura está menosprezada. Eu estou integrado en Escena Galega e loitamos aí para dignificar a profesión, para que se cumpran os convenios para que o que sucede no audiovisual tamén pase no teatro e nos títeres. Tanxarina segue existindo porque a relación entre Miguel, Andrés e máis eu foi evolucionando cos anos, madurando, fomos facendo máis piña e permitíndonos as nosas debilidades, que é moi importante. ¿Canto máis vai a durar? Nunca se sabe. O que está claro é que, co que levamos feitos todos este anos, temos unha identidade e podemos permitirnos que, se queda un de nós, pode seguir funcionando Tanxarina. Incluso se marcha un de nós, sería con cariño e con moi bo 'rollo' porque son moitos anos. Se nos queixamos é de vicio.

Verde de primavera, verde de choiva. A senda local de Bembrive é a auténtica representación das Rías Baixas nun mes de maio de choiva. Está verde e húmida.

Una 'cutre-carrera'. ¿Qué es eso? ¿Una carrera a la que no ir? Pues no, al contrario, a las 'cutre-carreras' hay que ir siempre. Son pura filosofía de corredor (que no de runner). 

navidad

comercio