O deputado de cooperación municipal, David Regades, xunto ao alcalde Xoan Carlos Montes Bugarín, e ao Secretario Xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, asistiu este venres en Mondariz aos actos de inauguración da reforma da Biblioteca Pública Municipal “Xoán Pérez Labaca” na que a Deputación de Pontevedra destinou dúas achegas cun valor total de 16.935,42 euros.