16122019Lun
Última edición: Dom, 15 Dic 2019 11pm

A exposición ‘Galaicos’, posta en marcha pola Deputación de Pontevedra, non só se limitará ó espazo do Museo Provincial, posto que a institución provincial organizará actividades complementarias ao abeiro da mostra, entre as que destaca a realización de tres rutas guiadas a xacementos e lugares de interese situados na provincia.

O Concello de Nigrán ofrece este sábado, Día Mundial do Patrimonio, unha visita guiada ao Castro de Chandebrito ás 11:30 horas a cargo de Árbore Arqueoloxía, equipo que está a piques de rematar a escavación e primeira musealización dunha área de 58 metros cadrados nesta cima. O punto de encontro é o 'Bosque da Memoria' (a explanada ao carón do Castro).

Ao igual que en anos anteriores, e na tempada previa ao verán, o Padroado do Monte Santa Trega organiza visitas guiadas para coñecer máis polo miúdo o patrimonio e a historia do Monte Santa Trega. As actividades desenvolveranse os sábados e domingos dos meses de maio e xuño ás 11:30, 12:30 e 17:00 horas.

O Concello da Guarda organiza unha visita guiada ás escavacións das Salinas do Seixal, enmarcadas no proxecto ‘A Guarda, Mar de Sal’, para este sábado 20 de abril. Na actualidade este proxecto atópase na fase de restauración e consolidación definitiva, o que permite xa apreciar as súas estruturas.

La Asociación Costa dos Castros y el Concello de Oia organizan esta Semana Santa una caminata por la Ruta Máxica y una visita guiada por el barrio del Arrabal, dos actividades que tienen el objetivo de dar a conocer el patrimonio del municipio y promover el turismo cultural.

comarcas

medio ambiente

marítima