14102019Lun
Última edición: Lun, 14 Oct 2019 9am

O UM19 quedará esta semana totalmente ensamblado e xa poderá ser sometido aos test precisos para poñelo a punto para as competicións nas que participará en agosto nos circuítos de Hockenheimring e Montemeló.

Finalizado o proceso de selección do equipo de UVigo Motorsport 2019, o grupo duplica a representación feminina con respecto á tempada pasada e abre as portas a novas titulacións. O resultado: 39 estudantes, seis alumnas e 33 alumnos, procedentes da escolas de Enxeñería Industrial, Enxeñaría de Telecomunicación e Enxeñaría de Minas e Enerxía, así como das facultades de Ciencias Económicas e Empresariais e, por primeira vez, de Belas Artes, integran o equipo que se encargará do deseño e construción do UM19, o vehículo que competirá en dúas probas da Formula Student, unha nacional e outra internacional en Alemaña, Austria ou Hungría.

Si te apasiona el mundo del motor, esta oferta de empleo puede ser tu oportunidad. El equipo Uvigo Motorsport, que desarrolla los monoplazas de la Universidade de Vigo para participar cada año en las carreras de la Formula Student, ha abierto un proceso de selección para incorporar personal a todos sus departamentos.

Co mérito de ser o primeiro monopraza na historia da escudaría universitaria que conseguiu completar todas as probas nunha carreira, o UM18 rodou este luns pola rúa Rosalía de Castro, nunha exhibición pública na que estiveron presentes numerosos representantes das institucións e marcas que contribuíron o desenvolvemento do vehículo deseñado e construído por case unha trintena de estudantes da Universidade de Vigo, ao longo do pasado curso.

Con decepción pero con moitos ánimos e gañas de resarcirse remata o periplo do Uvigo Motorsport no circuíto holandés de Assen. O equipo vigués afrontou dende o luns as probas estáticas e dinámicas desta proba de Formula Student co monopraza UM18, pero os resultados non foron os agardados.

vigo

economía

economía