24032019Dom
Última edición: Sáb, 23 Mar 2019 10pm

A Deputación de Pontevedra pon en marcha a II Xornada TurisTIC ‘O Turismo Intelixente’, que terá lugar o vindeiro 10 de abril no museo Verbum de Vigo. Tras o éxito do primeiro foro TurisTIC, celebrado o ano pasado no Castelo de Soutomaior, agora vaise desenvolver esta nova xornada centrada no turismo intelixente.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao deputado de Turismo, Santos Héctor Rodríguez, e ao deputado de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios, fixeron entrega este mércores dos I Premios Talento Turístico da provincia de Pontevedra nas súas cinco modalidades na clausura da Xornada TurisTIC organizada pola institución provincial no Castelo de Soutomaior.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, inauguran este mércores no Castelo de Soutomaior a primeira xornada TurisTIC ‘Impacto das novas tecnoloxías no sector turístico’, na que se darán cita as personalidades máis relevantes no eido da aplicación das TIC no turismo.

medio ambiente

sanidad

música

vigo