18112019Lun
Última edición: Dom, 17 Nov 2019 9pm

O deputado de Cooperación, Carlos López Font, informou este xoves da aprobación mediante unha resolución presidencial dun novo investimento a Baiona ao abeiro da Liña 1 do Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra por un total de 42.130 euros. Trátase dunha axuda que se destinará ao proxecto de acondicionamento do paseo fluvial sobre o río Baíña, que o Concello quería mellorar.

A Xerencia de Urbanismo dará luz verde este xoves ao proxecto de expropiacións para ampliar ao paseo fluvial do Lagares. O tramo afectado é o que vai da rúa Manuel Álvarez á avenida de Madrid e o obxectivo é darlle continuidade ás sendas que na actualidade xa acompañan o curso do río. As expropiacións abranguen 96 parcelas e o orzamento total do proxecto elévase case a 800.000 euros. Son 3.621 metros lineais e o proxecto se executará en sete tramos.

O Concello de Vigo inicia a adquisición dos terreos que permitirán levar o paseo fluvial do río Lagares ata a rúa Manuel Álvarez. Esta zona é a que está situada ao final desta senda, que comeza na avenida de Madrid. O investimento municipal ascende a 776.000 euros neste novo tramo de 3,3 quilómetros, con seis meses de prazo estimado de obras.

navidad

vigo