23082019Vie
Última edición: Vie, 23 Ago 2019 5pm

A federación de sanidade de CCOO de Vigo denunciou este martes a “pasividade dos responsables sanitarios ao non dar solucións aos problemas das urxencias”, que estenderon os seus problemas ás urxencias extrahospitalarias. O sindicato alertou da “masificación” de todos os Puntos de Atención Continuada (PAC) da área sanitaria de Vigo: Porriño, Tui, A Guarda, Ponteareas, Cangas... “É un feito constatable no día a día”, afirman.

As últimas analíticas realizadas polos técnicos do Servizo de Control de Riscos Ambientais da Consellería de Sanidade confirman que os valores que se fixan para garantir a calidade da auga como son a cor, o ferro e a turbidez permanecen altos en varios puntos dos concellos da área metropolitana.

A Executiva Comarcal de Vigo da Federación de Sanidade de CCOO vén de denunciar a “masificación” do servizo de urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro. Segundo revelan, este domingo pola tarde a afluencia de doentes non puido ser absorbida polas camas existentes e á primeira hora deste luns máis de 30 persoas tiñan orde de ingreso pero carecían de cama onde ingresar.

A Consellería de Sanidade inicia este luns na área territorial de Vigo a campaña de vacinación antigripal, que durará ata o 29 de decembro. No conxunto da área de Xestión Integrada de Vigo cóntase con 143 puntos de vacinación, repartidos entre centros de saúde e consultorios, centros hospitalarios públicos, hospitais e consultas médicas privadas, residencias e centros para a terceira idade, unidades asistenciais de drogodependencias, centros penitenciarios e centros de atención a discapacitados.

La Consellería de Sanidad informó de que tres personas fueron ingresadas por quemaduras relacionadas con los incendios. Se trata de dos heridos que fueron trasladados al Hospital de A Coruña y otro paciente ingresado en Povisa. Además, está ingresada una cuarta persona en el Hospital Álvaro Cunqueiro por una fractura en el tobillo.

transporte

navidad 2019

mar

celta

patrimonio de la humanidad