05122019Jue
Última edición: Jue, 05 Dic 2019 8pm

A CIG anunciou este mércores a súa intención de propoñer a convocatoria de folga no transporte sanitario, tanto do 061 como o non urxente, no caso de que a Xunta continúe sen intervir no conflito laboral aberto para reclamar a negociación do convenio colectivo e rexeitar as pretensións das patronais do sector de aplicar descolgues.

Este mércores vivirase a segunda xornada de folga dos empregados das clínicas privada sen convenio propio da provincia de Pontevedra. Os traballadores volverán a botarse á rúa, como xa fixeron o pasado mércores, cando se concentraron diante do hospital vigués Fátima. Nesta ocasión, as protestas trasládanse ao Sanatorio Concheiro. Para os días 21, 26 e 27 deste mes están convocados novos paros.

Os empregados das clínicas privadas sen convenio propio da provincia de Pontevedra ratificaron en asemblea os pasados 27 e 28 de febreiro a convocatoria de cinco días de folga propostas pola CIG, CCOO e UGT para reclamar un convenio colectivo digno ante unha oferta patronal que consideran “unha burla” ao entender que se atopa moi lonxe das necesidades dos traballadores. Os paros, que incluirán concentracións diante de centros sanitarios de Vigo e Pontevedra, terán lugar este mércores 7 e os días 14, 21, 26 e 27 de marzo.

A Federación de Sanidade de CCOO de Vigo discrepa dos datos ofrecidos pola Consellería de Sanidade e o xerente do CHUVI, Felix Rubial, sinalando que en Vigo hai pouco mais de 7.000 persoas nas listas de espera agardando por unha operación. Para CCOO eses datos só contemplan a lista estrutural e non fan referencia á non estrutural (persoas chamadas para ir a un centro concertado).

O Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) acadou o pasado ano unha cifra de actividade cirúrxica histórica ao superar a barreira das 36.000 intervencións totais. En concreto, os profesionais efectuaron 36.430 operacións, 1.249 máis que o ano anterior (un 3,5 por cento). Esta cifra contribúe a que a EOXI de Vigo continúe mellorando os resultados das demoras medias das súas listas de espera.

medio ambiente

navidad

vigo

ocio