18112019Lun
Última edición: Lun, 18 Nov 2019 7pm

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) anunciou este martes que ven de formalizar a adquisición de mobiliario dirixido á hospitalización do hospital do Meixoeiro e do Álvaro Cunqueiro.

Delegados da CIG no comité de Povisa e membros da CIG-Saúde realizaron un peche este martes na Consellaría de Sanidade, en San Lázaro, para forzar unha reunión co conselleiro ante o proceso de compra do centro hospitalario e para reclamar a xestión pública dun recurso asistencial vital para a área sanitaria de Vigo.

A Consellería de Sanidade emitiu este luns un comunicado no que informa de que convocou aos representantes de Povisa a unha reunión en Santiago para solicitarlles información sobre a posible venda do centro médico vigués co que o Sergas mantén un concerto en vigor para a prestación de asistencia sanitaria na área de Vigo.

“O gran laboratorio de Atención Primaria”. Con estas palabras describiu o conselleiro de Sanidade, Jesus Vázquez Almuíña, aos laboratorios emprazados no Meixoeiro.

O Servizo Galego de Saúde convocou este sábado ao Consello Asesor de Pacientes da área a unha xuntanza co conselleiro de Sanidade para presentarlles as liñas estratéxicas, os obxectivos e accións do Plan para reformular a Atención Primaria.

navidad

comercio