13122019Vie
Última edición: Vie, 13 Dic 2019 10am

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) anunciou este martes que ven de formalizar a adquisición de mobiliario dirixido á hospitalización do hospital do Meixoeiro e do Álvaro Cunqueiro.

A Consellería de Sanidade inicia o vindeiro luns 14 de outubro en Vigo a campaña de vacinación antigripal, que durará ata o vindeiro 27 de decembro. Cóntase con 250 puntos de vacinación, repartidos en centros de saúde e consultorios, centros hospitalarios públicos, hospitais e consultas médicas privadas; residencias e centros para a terceira idade; unidades asistenciais de drogodependencias; centros penitenciarios e centros de atención a discapacitados.

A Consellería de Sanidade emitiu este luns un comunicado no que informa de que convocou aos representantes de Povisa a unha reunión en Santiago para solicitarlles información sobre a posible venda do centro médico vigués co que o Sergas mantén un concerto en vigor para a prestación de asistencia sanitaria na área de Vigo.

Ante a publicación do falecemento dun bebé en Vigo durante un parto domiciliario, o Servizo Galego de Saúde emitiu este mércores un comunicado no que lembra a absoluta necesidade do control de todo o proceso da xestación por parte dos profesionais sanitarios, e que a seguridade das nais e os nenos neste proceso está plenamente garantido nos centros sanitarios públicos.

O hospital Álvaro Cunqueiro acolleu este martes unha sesión na que os neurólogos do centro expuxeron aos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias as principais claves da atención prehospitalaria ao ictus, a súa identificación e preaviso ao neurólogo.

medio ambiente

accidente laboral

navidad