14122019Sáb
Última edición: Sáb, 14 Dic 2019 3am

O goberno de Vigo vén de adxudicar as humanizacións da rúa Colombia e de Vía Norte, que en conxunto contan cun orzamento de 2,8 millóns de euros. As obras da rúa Colombia desenvolveranse no treito comprendido entre a Praza Isabel a Católica e Couto Piñeiro, mentres que en Vía Norte remodelarase o tramo que une Urzaiz e Escultor Gregorio Fernández.

O Concello de Vigo deu luz verde á contratación da redacción do proxecto de humanización de Emilio Pardo Bazán, coñecida como Estrada Provincial, no tramo que transcorre entre Gran Vía e Arquitecto Palacios, que conta con sinalización amarela dende hai semanas. A partir deste momento, o concesionaria ten tres meses de prazo para redactar o proxecto e a partir de aí proceder á licitación e arrancar os traballos de mellora.

medio ambiente

marítima

navidad