23082019Vie
Última edición: Vie, 23 Ago 2019 5pm

‘Auga seca’ comeza coa morte de Paulo Duarte no porto industrial de Vigo. Un aparente suicidio que non convence aos seus xefes, nin á policía, nin á súa irmá Teresa, que se muda de Lisboa a Vigo e empeza a traballar na empresa onde estaba Paulo, co obxectivo de descubrir o que pasou. Esta produción de seis capítulos de 50 minutos, da que acaban de publicarse as primeiras imaxes da súa rodaxe,  corre a cargo de Portocabo -responsable de series como ‘Luci’, ‘Vidago Palace’ ou a recente ‘Hierro’ producida para Movistar+, ARTE e  Atlantique  Productions- e contará coa colaboración dá empresa lisboeta SPi.

“Na sociedade actual, a transparencia e case unha palabra máxica”, recoñece Iván Puentes, investigador da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, quen xunto a Paulo Carlos López, investigador galego da Pontificia Universidad Católica del Ecuador, desenvolveu un panel de 58 indicadores dirixidos a avaliar o grao de transparencia das televisións públicas.

transporte

navidad 2019

mar

celta

patrimonio de la humanidad