21092019Sáb
Última edición: Vie, 20 Sep 2019 7pm

Nigrán ofrece este sábado 24 de agosto a súa segunda edición de Rock in Patos rendendo homenaxe aos 50 anos da celebración do mítico festival de Woodstock con bandas tributo a Jimi Hendrix e Creendence Clearwater. A explanada do mercadiño, coas súas vistas á praia de Abra, será o escenario elixido para revivir a histórica congregación hippie dende as 19:00 horas a través de Spanish Castle Magic (tributo a Jimi Hendrix, 20:00 horas) e Greenwater (tributo a Creedence Clearwater, 22:00 horas).

Nigrán pecha este sábado dous meses de eventos musicais co novo festival ‘Rock in Patos’, que dará comezo ás 19:00 horas na praia. Nesta primeira edición, o evento contará co grupo ferrolá Riff-Raff, recoñecido como unha das mellores bandas nacionais de tributo a AC/DC, e coa banda local Kalambrazo. No certame non faltarán os ‘foodtrucks’ coa súa comida gourmet.

movilidad

movilidad

navidad 2019