27052019Lun
Última edición: Lun, 27 May 2019 10am

Música, cultura, obradoiros de educación en igualdade, actividades e concertos protagonizados por mulleres encheron este venres a emblemática Porta do Sol de Vigo que, dende a mañá ata a madrugada, é escenario do novidoso espectáculo “Ramonas on Tour”, unha das iniciativas centrais da Deputación de Pontevedra da extensa axenda deste mes de marzo ao amparo das reivindicacións do 8-M.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, presentou este xoves a programación impulsada pola institución ao abeiro do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, que arranca xa na provincia de Pontevedra. Neste eido Silva destacou que “o 8 de marzo non pode rematar o 8 de marzo e por iso nós impulsamos unha programación que estende a igualdade todo o ano”.

elecciones municipales

pp

PSOE