20092019Vie
Última edición: Jue, 19 Sep 2019 7pm

O festival Primavera do Cine afrontará este mércores unha segunda xornada chea de curtametraxes e longametraxes. Ademais, a súa tradicional gala inaugural terá lugar ás 21.00 horas no barrio do Calvario (Urzáiz, 162). Neste caso e, como novidade, será un evento ao aire libre e de balde onde arrincará a sección oficial de longametraxes coa proxección de ‘No intenso agora’.

Tras distintas actividades paralelas que conseguiron colgar o cartel de completo nas súas proxeccións, como Viva Cuba, unha retrospectiva de cine cubano ou o Cine nos Barrios en Navia e o Casco Vello Alto, este martes bota a andar a sección oficial VIII edición do Primavera do Cine en Vigo.

Dado o éxito que tivo a anterior edición de Cine nos Barrios coa exhibición en Coia e Teis do documental ‘Vigo 1972’, do director Roi Cagiao, o festival Primavera do Cine repite iniciativa este ano co fin de espallar a cultura cinematográfica polos diferentes barrios vigueses.

O Primavera do Cine comeza coas actividades paralelas da oitava edición do certame este luns día 22 con Viva Cuba, unha retrospectiva do cinema cubano que non só servirá para coñecer mellor a historia política do país ao longo dos anos, senón tamén para gozar da súa cinematografía, coñecer o seu avance e, por suposto, entender, a través dos filmes, o seu espírito revolucionario.

Desde o 30 de abril e ata o 5 de maio o Festival Primavera do Cine dará comezo ás proxeccións da sección oficial cun total de 44 obras das que 10 son longametraxes. Todas as longas (excepto ‘No intenso agora’) exhibiranse no Auditorio do Concello.

movilidad

navidad 2019

sucesos