19022019Mar
Última edición: Mar, 19 Feb 2019 6pm

A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, vén de aprobar a última achega da Liña 3 de Emprego do Plan Concellos 2019 para o concello de Ponteareas, que recibe 271.397,24 euros polos que vai contratar 43 traballadoras e traballadores municipais. Así, a institución provincial pecha a Liña 3 do Plan Concellos 2019, dotada con máis de 9 millóns de € e pola que os concellos da provincia poden contratar un total de 954 traballadoras e traballadores municipais.

A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, vén de aprobar novos investimentos nun total de sete municipios da provincia no marco da liña 1 do Plan Concellos. Trátase dun total de oito partidas por un total de 1.043.171,79 euros para diversas actuacións en Agolada, Portas, Nigrán, Gondomar, Poio, Cangas e Vilaboa.

A Deputación de Pontevedra destinará neste novo ano 2019 á comarca de Vigo a través do Plan Concellos un total de 8.369.109 euros, o que supón un incremento do 3,3% con respecto ao exercicio anterior. Ata agora nesta área metropolitana os investimentos deste dos últimos tres anos financiaron 202 obras e infraestruturas e empregaron 646 persoas.

O Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, posto en marcha coa chegada de Carmela Silva ao goberno provincial, xa ten investido na comarca de Vigo preto de 19 millóns de euros nestes tres anos de lexislatura, beneficiando aos municipios do Porriño, Redondela, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Mos, Salceda de Caselas e Soutomaior (neste plan provincial non computa o concello de Vigo por ter máis de 50.000 habitantes).

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou a décima relación de concellos que se van beneficiar das achegas da liña 3, para o fomento do emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, do “Plan Concellos 2018”. Así, Baiona, Bueu e O Grove son as vilas que van recibir 553.560,89 euros para a contratación de 86 persoas.

sucesos

música

conferencia

transporte

'phising'