18112019Lun
Última edición: Lun, 18 Nov 2019 9am

Vigo exerceu este venres como anfitrioa da presentación da nova campaña do Goberno para fomentar o consumo de peixe, na que participaron o director xeral da Industria Alimentaria, José Miguel Herrero, o director xeral de Ordenación Pesqueira e Acuicultura, Ignacio Gandarías, o alcalde da ciudad, Abel Caballero, e múltiples representantes do sector.

O orvallo, esa choiva liviá tan característica de Galicia, foi un elemento máis da primeira xornada da Festa do Peixe Espada, o evento organizado pola Organización de Palangreiros Guardeses ( Orpagu) en colaboración co Concello da Guarda. A súa presenza nesta décimo sexta edición non desluciu en nada a brillantez da organización desta cita de referencia no Baixo Miño.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a presidenta da Deputación, Carmela Silva, asinaron este xoves un convenio de apoio ao Vigo Sea Fest, o Festival ARVI do Peixe, que se celebra este venres, sábado e domingo en máis de 23.000 metros cadrados na zona dos Xardíns de Elduayen e do Náutico de Vigo e que axuntará, por primeira vez, a cociña con produtos do mar, a industria pesqueira, a música e os deportes náuticos e de praia.

A frota do cerco de Galicia, que se atopa en protestas pola redución da cotas, decidiu rematar o vindeiro domingo coa acampada que manteñen en Santiago dende hai tres meses. O presidente de Acerga, o colectivo maioritario do sector, Antonio González 'Tonacho', fai unha avaliación da situación actual.

navidad

vigo