17072019Mié
Última edición: Mar, 16 Jul 2019 11pm

O servizo de Pediatría do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) conseguiu que o Ministerio de Sanidad incrementase a súa capacidade docente coa acreditación dun total de sete prazas de residentes e dez centros de saúde docentes, de cara a próxima convocatoria MIR 2020.

"Inaceptable". Así valorou o concelleiro electo do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, o feito de que un verán máis o Sergas deixe sen consulta de pediatría durante varias semanas os centros de saúde de Coruxo e Matamá.

A dirección da área sanitaria de Vigo anunciou este mércores unha reorganización dos servizos asistenciais de Atención Primaria durante o verán, que farán que algúns centros de saúde perdan unidades de atención e que os seus usuarios teñan que desprazarse a outros barrios ou municipios, tanto na cidade olívica como na contorna. A principal decisión consiste na centralización da asistencia sanitaria en horario de mañá.

Unha panda capitaneada polo polbo Cunqui e formada por cinco mariñeiros son os novos compañeiros dos nenos hospitalizados no Álvaro Cunqueiro. Son as mascotas e o eixo central sobre o que pivota a humanización que vén de ser acometida na Unidade de Hospitalización Pediátrica.

Os nenos e nenas dos concellos de Mondariz e de Covelo terán a súa consulta de pediatría no centro de saúde de Mondariz a partir do próximo 1 de xuño. É a decisión que adoptou a dirección da área sanitaria de Vigo e que beneficiará á poboación infantil destes dous concellos, que non terán que desprazarse ata Ponteareas como o veñen facendo na actualidade.

vigo en festas 2019

vigo

turismo