22012020Mié
Última edición: Mié, 22 Ene 2020 6pm

O Concello de Nigrán rematará a finais do mes de abril as obras no Pavillón Municipal de Panxón, tres meses antes do contemplado no contrato con Explotacións Medioambientais Obras y Servicios, encargada de realizar as mesmas. Por outra banda, a remodelación incluirá aspectos non previstos no proxecto orixinal como a instalación de paneles solares para a producción de auga quente sanitaria e iluminación tipo led (cuestións ambas que permitirán unha maior eficiencia enerxética) ou climatización nas zonas de vestiarios, oficinas e ximnasio.

A Mancomunidade do Val Miñor convidou este martes a un xantar de San Valentín a 60 maiores de Baiona, Nigrán e Gondomar, na Residencia de Tempo Libre de Panxón, onde foron atendidos polos alumnos do V Obradoiro de Emprego “Terras do Miñor”, iniciativa posta en marcha cunha achega de 179.134,20 euros (97.150,20 euros para os gastos salariais dos alumnos) da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

O Concello de Nigrán denunciou este domingo o estado de completo abandono no que a Xunta mantén o exterior do Centro de Saúde de Panxón, un edificio que foi inaugurado en xuño do ano pasado.

A Mancomunidade do Val Miñor puxo en marcha este martes o comedor social que será atendido ata maio polos alumnos do V Obradoiro de Emprego “Terras do Miñor” posto en marcha cunha achega de 179.134,20 euros (97.150,20 euros para os gastos salariais dos alumnos) da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

As illas Estelas e o entorno de Monteferro e Panxón como parte fundamental da "marca" Nigrán. Este é o obxectivo co que o Concello inaugura o venres unhas xornadas abertas ao público con ponencias de expertos en diferentes eidos e nas que se estrenará o documental "Stelas, as illas próximas", ademáis do traballo fotográfico do Colectivo Latente. Trátase dun proxecto financiado con 4.200 euros pola Deputación a través do Plan Concellos 2016 e contratado a empresa "Estela, Arqueoloxía e Patrimonio".

fitur 2020

peinador

sucesos

sanidad