25082019Dom
Última edición: Dom, 25 Ago 2019 10am

Un total de 220 alumnos e alumnas dos centros docentes de Porriño van participar no programa “KidCode 2019” de obradoiros e visitas guiadas tecnolóxicas . A iniciativa parte do Concello de Porriño, a través da OMIX e pretende “axudarlles a identificar os seus talentos e habilidades nese eido mediante ferramentas coma a programación, robótica, deseño, impresión 3D ou electrónica.

O Concello de Vigo pon en marcha 'Estar de Ocio', un programa dirixido á mocidade de entre 13 e 17 anos como alternativa de lecer para adolescentes durante as fins de semana na Casa da Xuventude.

O Concello de Vigo presentou este xoves as actividades organizadas polo Concello para a celebración do Samaín, a partir das 17.00 horas do próximo mércores, 31 de outubro, en dous emprazamentos: na Porta do Sol e diante do mercado do Calvario.

Non hai escusa para aburrirse, hai opcións para todos os gustos. A Vicerreitoría de Extensión Universitaria abrirá este luns a matrícula dos obradoiros do segundo cuadrimestre, unha oferta de nove talleres abertos ao público en xeral e que se impartirán en horario de tarde a partires do 19 de febreiro en diferentes centros e instalacións do campus. Algúns son continuidade dos que xa se impartiron no primeiro cuadrimestre (cogomelos, plantas silvestres, aula de teatro, música tradicional...) e outros son propostas totalmente novas, caso do taller ‘Estratexias para a composición escrita’ ou do de ‘Iniciación ao mus’.

Dende este venres, día 22, e ata o 31 de decembro, a rúa Teixugueiras acollerá actividades infantís en dobre horario de mañá – de 11 a 14 horas- e de tarde – entre as 17 e as 21.

sucesos

transporte

celta

sucesos

patrimonio de la humanidad