09122019Lun
Última edición: Lun, 09 Dic 2019 2pm

Un total de 183 mozos e mozas traballarán en empresas e corporacións sectoriais da provincia de Pontevedra grazas ao programa de fomento da empregabilidade ‘O Teu Primeiro Emprego’. Con este programa a Deputación busca facilitar que a mocidade con título universitario ou de FP poida acceder a un primeiro emprego cun contrato en prácticas.

A Deputación de Pontevedra vén de poñer en marcha un novo programa chamado ‘O teu primeiro emprego’ para fomentar a formación e o traballo entre a mocidade, que substituirá desde o próximo mes de xullo ao antigo Plan de Práctica Laboral nas empresas, nos concellos e na propia institución provincial.

medio ambiente

urbanismo