20092019Vie
Última edición: Jue, 19 Sep 2019 7pm

Marea de Vigo afirma que xa existe certa alarma no sector do comercio no resto dos barrios da cidade cara a campaña de rebaixas, causada polo "efecto chamada" nos apenas 800 metros entre Porta do Sol e a Farola de Urzáiz e os 400 metros entre esta e o monumento ao traballo de Gran Vía, que "baleiraron outras rúas moi sensibles aos ingresos polas ventas do comercio local" como Travesas, Gran Vía no tramo entre Praza de España e Praza de América, O Calvario, a zona de Torrecedeira e por suposto os barrios e parroquias do rural.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva deu a coñecer este venres os datos relativos á ocupación hoteleira do pasado mes de decembro e das datas máis sinaladas do Nadal. En concreto, a provincia de Pontevedra rexistrou unha ocupación media en establecementos hoteleiros do 39% de media fronte ao 29% do ano 2017 producíndose, así, un incremento de dez puntos con respecto ao ano anterior.

Vitrasa entregou este venres os premios aos gañadores do concurso de postais de Nadal que organiza cada ano entre os colexios da cidade. Por décimo terceiro ano consecutivo, a concesionaria do transporte urbano de Vigo convidou a todos os centros de educación primaria a participar e finalmente recibiu máis de 400 debuxos. Entre todos eles, seleccionáronse tres para ilustrar as postais que a empresa empregou para felicitar as festas. Ademais, un bus da flota irá vinilado no seu interior coas creacións gañadoras.

 

Vigo contará este ano cun total de 15 carrozas e tres autobuses na súa tradicional Cabalgata dos Reis Magos. O alcalde avanzou este mércores que haberá ademais animacións cun total de 1.250 persoas.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que este sábado, 22 de decembro, as rúas da cidade acollerán a tradicional Papanoelada Moteira con miles de participantes.

movilidad

navidad 2019

sucesos