09122019Lun
Última edición: Dom, 08 Dic 2019 11pm

Un total de 183 mozos e mozas traballarán en empresas e corporacións sectoriais da provincia de Pontevedra grazas ao programa de fomento da empregabilidade ‘O Teu Primeiro Emprego’. Con este programa a Deputación busca facilitar que a mocidade con título universitario ou de FP poida acceder a un primeiro emprego cun contrato en prácticas.

O grupo municipal da Marea de Vigo presentou fai un ano unha moción no Pleno do Concello onde se pedía sacar a concurso de xeito inmediato a xestión dos servizos que se viñan desenvolvendo na casa da Xuventude e Punto Xove ate o 31 de agosto dese ano, 2017, onde tamén se debía establecer no propio prego a subrogación do cadro de persoal que viña desenvolvendo o traballo coa concesionaria anterior. A moción era rexeitada polos votos en contra do PSOE, e agora, un ano máis tarde, Marea denuncia que "a situación é exactamente a mesma, non se están dando todos os servizos que corresponden a unha OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil)", funcionamento ademais marcado pola "Carta Europea de Información Xuvenil".

medio ambiente

navidad